Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

01/12/2017

O Goberno da Deputación inviste case 1 millón na mellora de servizos públicos no rural de 12 Concellos

- O Deputado de Cooperación informou sobre as actuacións do Executivo da Deputación na Xunta de Goberno en localidades do rural de municipios lucenses

- Fernández Queipo subliñou que “facémolo dentro da aposta deste Goberno por unha Deputación rural, que defende a vida no rural e do rural e que se demostra con feitos e investimentos; a diferenza doutras administracións públicas que, lamentablemente, empregan o rural como slogan”.

 

011217 DSC_0006

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, informou que o Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno deste venres investimentos por valor de case 1 millón de euros para mellorar servizos públicos de localidades do rural de 12 Concellos lucenses. Fernández Queipo subliñou que “facémolo dentro da aposta deste Goberno por unha Deputación rural, que defende a vida no rural e do rural e que se demostra con feitos e investimentos; a diferenza doutras administracións públicas que lamentablemente empregan rural como slogan”.

A distribución deste investimento de 1 millón de euros (978.000 €) é o seguinte:

- 518.000 euros á mellora do firme dun treito de 2,2 quilómetros da LU-P-1201, de Souto de Torres a Sobrado, concretamente entre os puntos 0 e 2,2, ao seu paso por Castroverde.

- 210.000 euros á rehabilitación do pavimento dun treito de 4,3 da quilómetros da LU-P-0704 que vai do Cereixal, por Pena Maior, á Escola de Montaña de Becerreá, comprendidos entre os puntos 0 e 4,3.

- 90.000 euros á construción dunha pista de pádel cuberta e para realizar pequenas obras no polideportivo, como por exemplo, a mellora dos aseos; no Concello da Pastoriza.

- 42.000 euros á melloras viarias no núcleo rural de Sadrarín, en Ribeira de Piquín.

- 10.800 euros ao acondicionamento de vías en Castañoso, na Fonsagrada.

- 12.000 euros ao arranxo do accesos en Vilar de Subrepuzo, en Vilalba.

- 12.000 euros á mellora de accesos de entrada en Cima da Vila, en Guntín.

- 11.900 euros á rehabilitación do firme de vías de Bexán, no Saviñao.

- 18.800 euros ao acondicionamento de accesos en Vilasouto e fincas agrogandeiras no Son, no Incio.

- 35.900 euros ao reafirmado de vías na Granda, Souto e Caban, en Meira.

- 11.999 euros ao acondicionamento da vía entre a Cegoñeira e Mogueira, en Sober.

- 5.100 euros á mellora do firme no acceso ao núcleo rural de Galegos, en Riotorto.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000