Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

22/11/2017

A Deputación é a única administración galega que colabora cos 800 hostaleiros da APEHL con 60.000 euros

- O Presidente, que participou no 40º aniversario deste colectivo, destacou a “imprescindible” labor deste sector para a economía e promoción turística. “Cantos visitantes lembrarán a nosa provincia e dirán con satisfacción ..E para comer, Lugo

- Con ditos fondos este ano elaborouse material sobre a oferta turística e gastronómica para os establecementos; celebráronse xornadas gastronómicas como Estase cocendo ou Cume Tapas, ademais de cursos de formación especializada para estes profesionais; ou levouse fóra de Galicia a campaña promocional ... E para comer, Lugo

221117 ACTO DA APEHL-LUGO

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participaron este mércores no acto de conmemoración do 40º aniversario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL). O Goberno da Deputación é a única administración galega que colabora con este colectivo para impulsar a actividade dos máis de 800 profesionais lucenses que o integran a través dun investimento de 60.000 euros. O organismo provincial tamén contribúe a difusión das súas iniciativas a través da Fundación TIC. De feito, no acto de hoxe proxectouse un vídeo promocional da APEHL elaborado polo profesionais da TIC.

Campos Conde deu a noraboa a APEHL polo seu aniversario e, de xeito especial, aos catro profesionais homenaxeados: Ángel López-Leytón, Alberto García García, Santiago Argüeso e José Luís Loureiro. O Presidente puxo en valor a actividade de todos os profesionais que integran este asociación e destacou que “celebrades 4 décadas de intenso traballo en defensa e impulso dun dos sectores punteiros da economía da nosa provincia: o hostaleiro”.

“Falar da riqueza turística da nosa provincia supón falar da hostalería e do traballo que levades. Cantos visitantes lembrarán a nosa provincia e dirán ... E para como Lugo. Estamos orgullosos de colaborar co voso traballo en defensa e impulso do conxunto do sector turístico da nosa provincia, do que sodes parte imprescindible, sendo a única administración galega que o fai, aínda non ter as competencias directas. Levamos feito un intenso traballo e aínda nos queda moito por facer. Non cesaremos coa nosa actividade conxunta, pois creo que é fundamental a suma do sector privado e do público, agardando o inicio da colaboración por parte da principal administración galega, para converter Lugo nun referente turístico no país. Xuntos podemos facelo”.

Colaboración da Deputación

O Goberno da Deputación destinou este ano un total de 60.000 euros ás actividades que levan a cabo os máis de 800 hostaleiros lucenses que forman parte da APEHL. Con estes fondos, os membros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo elaborou para todos os establecementos material informativo sobre a oferta turística e gastronómica da provincia. Por exemplo, salvapratos co mapa da provincia que inclúen códigos QR sobre puntos de interese turística nos Concellos. Tamén celebrou eventos como as xornadas gastronómicas Estase cocendo, dedicada ao cocido; ou Cume Tapas, que afondou sobre o pratos da Ribeira Sacra. Ademais, fíxose promoción exterior da campaña E para comer, Lugo, e ata cursos de formación, como o de especialización en enoturismo, que se baseou no aproveitamento cultural da viticultura.

Homenaxeados

Campos Conde fixo entrega ao hostaleiro Ángel López-Leytón do Restaurante Leytón de Foz do agasallo de agradecemento que lle outorga a APEHL. Ademais tamén foron homenaxeados os hostaleiros Alberto García García, Santiago Argüeso e Jose Luis Loureiro, que foron os primeiros fundadores desta entidade.

Sonidos

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000