Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

15/11/2017

O Goberno da Deputación leva a Xermade un programa de envellecemento activo en colaboración co Concello

- Rivera Capón subliñou que “debemos favorecer espazos e oportunidades para que a xente non necesite desprazarse a outros municipios para desenvolver calquera actividade e, deste xeito, dinamizar a actividade social da vila, facendo pobo”

- García Pernas engadiu que “xa hai 46 persoas inscritas nos grupos de Xermade, Momán e Piñeiro. Agora estase formando grupo en Roupar, co cal esperamos que se poida comezar nas próximas datas e aumentaríase como mínimo en 10 persoas máis”

- O organismo provincial achegou 8.000 euros ao Concello de Xermade no último ano para varias actividades como a Copa Concello de Xermade, a Carreira Popular da vila, a Pedalada Solidaria, así como este proxecto de envellecemento activo

151117 FOTO PRESENTACIÓN XERMADE

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, presentaron este mércores o programa de envellecemento activo que o Goberno da Deputación leva a este municipio en colaboración co Concello. No acto tamén participou a Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Igualdade, Tamara Paz Balsa. O organismo provincial achegou 8.000 euros ao Concello de Xermade no último ano para promover o deporte entre os veciños da localidade a través de varias actividades como a Copa Concello de Xermade, a Carreira Popular da vila, a Pedalada Solidaria, así como este proxecto de envellecemento activo.

Rivera Capón subliñou que “a través desta programación preténdese mellorar a saúde e a calidade de vida dos veciños. O obxectivo é potenciar o benestar físico e social, dando importancia á imaxe positiva do colectivo de maiores. Ademais, esta iniciativa xorde da man das asociacións veciñais, polo que damos resposta ás súas demandas”.

O Deputado de Deportes apuntou que “Xermade é un pobo con vida, un pobo do rural con gañas de facer, de aprender e de mellorar, por iso debemos favorecer espazos e oportunidades para que a xente non necesite desprazarse a outros municipios para calquera actividade e, deste xeito, dinamizar a actividade social da vila, facendo pobo. Fomentando, ao mesmo tempo, un estilo de vida saudable”.

Pola súa parte, García Pernas subliñou que “o número de persoas inscritas na actividade ascende a 46 nos grupos de Xermade, Momán e Piñeiro. Neste momento estase formando grupo en Roupar, co cal esperamos que se poida comezar nas próximas datas e aumentaríase como mínimo en 10 persoas máis”.

O concello de Xermade ten previstas outra serie de actividades sociocomunitarias polas parroquias de todo o concello co obxectivo de dinamizar o rural e ofertar cursos e actividades dirixidos á poboación en xeral.

O Alcalde engadiu que “despois de pasar enquisas a toda a nosa veciñanza os cursos que axuntamos son algúns dos que máis se demandaron, entre eles o de pilates financiado grazas á Deputación. Ademais, estanse levando a cabo informática e redes sociais, costura, pandereta, e proximamente comezaremos con dous cursos de xabóns e cremas, almorzos saudables, manexo de móbiles, fotografía, bricolaxe pequenos amaños, xardinería creativa, arreglos florais, restauración e manualidades, autoprotección para mulleres, estimulación cognitiva e risoterapia, entre outros”.

Horarios e datas de pilates

Actividade de novembro a xuño:

- Xermade: os luns de 17:30 a 18:30 horas, na Casa da Xuventude.

- Roupar: os luns de 19:00 a 20:00 horas, no local da AMMRR de Roupar e A.VV. San Estevo.

- Momán: os martes, de 20:30 a 21:30 horas, no local da AMMRRR de Momán.

- Piñeiro: os mércores, de 21:30 a 22:30 horas, no local da Asociación Veciñal de Piñeiro.

Outras actividades socioculturais

- Costura: A. MM.RR de Roupar. Sábados cada 15 días. De novembro a xuño.

- Pandereta: A. MM.RR. de Roupar. Luns, de 10 a 11:30 horas. De novembro a xuño.

- Arreglos florais: Xermade.

- Curso de autoprotección para mulleres: Xermade. Dous días, 2 horas diarias.

- Bricolaxe: Xermade.

- Elaboración de xabón e cremas: A. VV. Do Campo de Roupar.

- Cestería: A. VV. Do Campo de Roupar.

- Restauración e manualidades: A. VV. De Roupar.

- Iniciación á fotografía dixital: A. VV. De Cabreiros.

- Informática e redes sociais: A. VV. De Cabreiros.

- Almorzos sénior: Momán, 1 día, dúas horas. Charla sobre alimentación saudable.

- Curso de utilización do móbil: Momán, 1 día, dúas horas.

- Memoria: A.VV. De Piñeiro.

- Xardinería Creativa: Xermade (nos xardíns das persoas anotadas)

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000