Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

10/11/2017

O Pazo de San Marcos acolle esta fin de semana a reputados expertos de toda España coas xornadas de nefroloxía

- Campos Conde inaugurou este venres o IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía que organiza a Sociedade Galega de Nefroloxía e que ten lugar esta fin de semana no Salón de Actos do Pazo de San Marcos

- O Presidente da Deputación subliñou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos na investigación, prevención e concienciación desta patoloxía para axudar as máis de 3.000 persoas da provincia de Lugo que sofren algún tipo de insuficiencia renal”

- Especialistas e expertos nefrólogos de toda España darán conta das últimas novidades en tratamentos, estudos e diagnósticos sobre as enfermidades renais

101117 Congreso Nefroloxía

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este venres, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o IV Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía que organiza a Sociedade Galega de Nefroloxía (SGAN). Fíxoo xunto ao Concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández; ao Xerente EOXI de Lugo, Ramón Ares; ao Presidente da Sociedade Galega de Nefroloxía, Miguel Pérez; e ao Presidente do comité organizador, Jesús Ángel Calviño. O Congreso divídese en dúas xornadas, nas que participarán especialistas e expertos nefrólogos de toda España, que darán conta das últimas novidades en tratamentos, estudos e diagnósticos sobre enfermidades renais. O Executivo Provincial colabora con este evento a través da TIC da Deputación, que gravará todos os relatorios desta edición.

Campos Conde destacou que “é un pracer poder acoller na provincia de Lugo durante dúas xornadas a maior cita nefrolóxica en Galicia coa celebración deste Congreso, que contará cun total de 9 relatorios aceptados, ao redor de temas fundamentais como son a hemodiálise peritoneal, o transplante de ril, casos clínicos, novos tratamentos e diagnósticos”.

O Presidente da Deputación subliñou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 30.000 persoas, o que supón o 10% da poboación lucense. Con estes datos, dende as administracións públicas temos que traballar da man e investir máis en investigación, prevención e concienciación, por iso dende o Goberno da Deputación colaboramos con ALCER Lugo no transporte de hemodiálise dos doentes de insuficiencia renal, aínda que non temos as competencias directas nesta materia.”

Programación

Venres, 10 de novembro

16:05.- Actualización do rexistro de enfermos renais, por María Encarnación Bouzas Caamaño.

16:25 horas.- Rexistro do acceso vascular e diálises peritoneal. Novas propostas. Pola Doutoras do C.H.U. A Coruña, Ana Rodríguez e Teresa García.

16:45 horas.- Comunicacións orais.

18:30 horas.- Mesa de nefroloxía clínica. Impartida polo Doutor do Centro de Investigacións Biolóxicas de Madrid, Santiago Rodríguez; e Doutor da Fundación Jiménez Díaz, Emilio González Parra.

20:00 horas.- Inauguración oficial.

20:30 horas.- Asemblea da SGAN.

Sábado, 11 de novembro

09:00 horas.- Mesa de hemodiálises, impartida polo Doutor do H.G.U. Gregorio Marañón de Madrid, Alberto Tejedor.

09:45 horas.- Mesa de diálises peritoneal, polo Doutor do H.U. La Paz de Madrid, Rafael Selgas.

10:30 horas.- Casos clínicos de residentes.

11:45 horas.- Mesa de transplante, impartida polo Doutor do Hospital Clínic de Barcelona, Vicente Torregrosa.

12:30 horas.- Comunicacións E-Poster.

14:00 horas.- Conferencia clausura. Qué podemos esperar da nefroloxía para o século XXI. Presidenta da Sociedade Española de Nefroloxía, María Dolores del Pino.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000