Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

10/11/2017

A Capela de Santa María acolle a exposición do artista multidisciplinar Roberto Delgado

- García Porto inaugurou esta colección, composta por máis de 50 pezas, entre esculturas, fotografías e videodearte, que estará exposta ata o 30 de decembro

-A Deputada de Cultura avanzou que esta exposición reflicte o compromiso do Goberno da Deputación cos novos creadores da produción artística actual

- Roberto Delgado (Londres, 1974), alumno da Escola Massana, é a primeira vez expón en Lugo a titulo individual, a súa obra preséntanos un mundo onde o home e natureza compiten por sobrevivir

101117 Foto exposicion Roberto Delgado

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este venres a

exposición do artista multidisplicinar Roberto Delgado (Londres, 1974). A colección que estará exposta ata o 30 de decembro na Capela de Santa María, está composta por máis de 50 pezas que inclúen esculturas, fotografías ou videoarte.

A Deputada de Cultura avanzou que esta exposición reflicte o compromiso do Goberno da Deputación cos novos valores da produción artística galega, como é o caso de Roberto Delgado. ”Esta é a primeira oportunidade que ten para expoñer na provincia a título individual, por iso a Capela convertese nun espazo único para os novos creadores da produción artística actual, como Roberto”.

García Porto dixo que a súa obra artista “reflicte a transgresión que sente en todos os ámbitos da súa vida. As instalacións de videoarte, as fotografías, ou as esculturas que hoxe podemos contemplar amosan a recreación do seu mundo máis intimo e persoal, que inclúe un toque de mordaz, e que ao mesmo tempo, nos convida a pensar e reflexionar sobre as regras e convencionalismos establecidos”.

O artista Roberto Delgado, agradeceu a implicación do Goberno da Deputación na difusión desta exposición. “Hoxe en día é moi difícil participar en espazos públicos para amosar novas propostas, por iso esta exposición devólveme ao mundo da creación, e déixame amosar, compartir e facer participe a todos os visitantes, da miña particular visión do mundo”, sinalou.

Escola Massana

Roberto Delgado (Londres, 1974),) é un artista que fusiona técnicas artísticas, como o videoarte, foto, pintura ou as instalacións plásticas. Naceu en Londres, pero dende os oito anos instalase coa súa familia en Galicia. No ano 1994 viaxa a Barcelona para estudar Procedementos Contemporáneos da Imaxe, na “Escola Massana”. Na actualidade segue residindo en Barcelona. A súa obra preséntanos un mundo onde o home e natureza compiten por sobrevivir. Outros temas presentes na súa obra son; home, pensamento, sexualidade-xénero, estética-aparencia.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000