Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

10/11/2017

Preto de 1.400 lucenses maiores e con capacidades diferentes participarán no Movémonos do Goberno da Deputación

- A programación comezará o 13 de novembro e prolongarase ata xuño. Participarán un total de 93 asociacións, 28 do norte, 49 do centro e 16 do sur da provincia

- Campos Conde subliñou que “este ano incrementamos o número de participantes, pois debido ao éxito de pasadas edicións do programa, once novas asociacións de toda a provincia decidiron solicitar esta programación totalmente de balde”

- Haberá ximnasia de mantemento, acondicionamento físico e aeróbico, pilates, ximnasia rítimica, multideporte e actividades adaptadas para persoas con capacidades diferentes

101117 Foto Movemonos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este venres no Vello Cárcere de Lugo unha nova edición do Movémonos, o programa deportivo, saudable e social que o organismo provincial retoma este mes de outubro no rural lugués. No acto tamén participou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Concelleira de Economía, Ana Prieto, así como representantes de numerosas asociacións que participan nesta programación.

Campos Conde subliñou que “este ano incrementamos o número de participantes, pois debido ao éxito de pasadas edicións do programa, once novas asociacións de toda a provincia decidiron solicitar esta programación. Movémonos está encamiñado a vencer os obstáculos que dificultan a práctica deportiva, promovendo a actividade física moderada en colectivos de distinta índole afincados en concellos lucenses, cuxo acceso á práctica deportiva e aos seus beneficios se atopa limitado”.

93 asociacións de toda a provincia

Un total de 93 asociacións, 28 da zona norte, 49 do centro e 16 do sur da provincia participan neste programa, achegando numerosas actividades deportivas a máis de 1.400 lucenses maiores ou con capacidades diferentes. Movémonos comezará o día 13 de novembro e prolongarase ata xuño de 2018.

ZONA NORTE

Alfoz

San Vicente de Lagoa

Barreiros

Asociación O Cazcallal (Vilamar)

Asociación Irmandade San Caetano

Asociación Mulleres Rurais Tea De Araña

Burela

Asociación Camiña

Asociación De Axuda Ó Enfermo Mental "A Mariña"

Fundación Euson

Afan Burela (Alzheimer)

Cervo

Asociación Veciños Burgo De Trasbar

Aa.Vv. San Román De Vilaestrofe

Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña

Foz

A. Asistencial Virxe do Carme de Foz

Lourenzá

Asociacion Veciños O Refuxio De San Xorxe

Mondoñedo

Centro San Pablo E San Lázaro

Asociación Ti Elixes

Asociación De Veciños O Castelo De Oirán

Escola Do Carmen

Muras

Asociación Cultural Xistral

Ourol

Asociación Irmáns Vilar Ponte

A Pontenova

Udp Val De Miranda

Ribadeo

A Mariña-COGAMI

Trabada

Asociación Os Tres Pes

Asoc. De MMRR Marco da Pena Verde

Valadouro

Club de Baile Goldance

Viveiro

Aspanane 1

Aspanane 2

Afavi

Xove

A Mariña - COGAMI

ZONA CENTRO

Antas De Ulla

Asociación De Veciños De Olveda

Baleira

UDP Baleira

Baralla

Asociación Os Malugreiros

Asociación Veciñal A Porta Dos Ancares

Becerreá

Asociación de amas de casa Urugallo

Begonte

AAVV Os Milagros de Saavedra

A. Cultural Deportiva San Vicente de Pena

Asociación Feira do Barrazoso de Gaibor

Asociación de Veciños de Carballido

Castro De Rei

Cruz Vermella Castro Ribeiras Do Lea

Cervantes

C.D.R. Ancares

O Corgo

A.A.V.V. Marei

Laxe Blanca

A. X. C. San Miguel De Pedrafita

Asoc. Cela-Ponte de Neira

Cospeito

UDP Cospeito

A.C. Aquilino Iglesias Alvariño (MUIMENTA)

Doncos

Asociación Veciños Doncos

Friol

Asociación Carballo Vivo

Guntín

AA VV Sta Eulalia de Lousada

Láncara

A. Mulleres O Noso Lar (Pobra De San Xiao)

Lugo

Párkinson Lugo

Afalu

Aspnais

Adace Lugo

Alume

Cogami CRD Fingoi

Raiolas Autismo

Capaces

Fundación Secretariado Xitano

Fundación Juan Soñador

AECC

Cruz Roja Española en Lugo

Meira

Asociación Cultural Eme De Meira

Monterroso

Taller Prelaboral Monterroso

Navia De Suarna

Mulleres Rurais Ledicia

As Nogais

Asociación de Veciños Donco

Paradela

A. Cultural E Xuvenil Castro De Rei De Lemos

A Pastoriza

Asociación Cultural Zampalladas

Asociación Crecente

Asociación Lume Novo

Asociación Fonmiñá

Asociación Cultural Veciñal A Rigueira

Asociación de Veciños Campo Cruceiro

Pol

UDP De Pol - Local Mosteiro

Vilalba

Asfadivi

Rábade

Asociación De Xubilados Rábade

Ribeira De Piquín

Mulleres Rurais O Chao

Xermade

AAVV Cazas

Asoc. De Mulleres Rurais Saudade Momán

AAVV Roupar

ZONA SUR

Bóveda

A Lagoa

Asociación Veciñal San Bernardo

Asociación Mm.Rr. Amencer

Asociación San Cristobal De Martín

Carballedo

Asociación Mulleres Rurais De Carballedo

O Incio

Asociación Dos Caleiros Patrimonio

Monforte De Lemos

Afamon

Auxilia Monforte

Pobra De Brollón

Ampa Brollón

Samos

Compalgo - Fundacion O Noso Lar

O Saviñao

A.A.V.V. San Martiño De Vilelos

Asociación Cultural Lavandeira

Taboada

A.A.V.V. Santa Mariña De Cerdeda

Asociación Cultural MMRR Santa Lucía

As. Cultural As Fachas

AAVV San Xulián do Campo

Actividades

A metodoloxía de traballo basearase no Enfoque educativo do Construtivismo, o cal concibe a aprendizaxe como resultado dun proceso de construción persoal-colectiva dos novos coñecementos, a partir dos xa existentes e en cooperación cos compañeiros/as e os/as facilitadores/as. As actividades que se ofrecerán son as seguintes:

- Multideporte: Actividade de carácter deportivo multidisciplinar. Esta actividade dá a posibilidade de iniciarse en varios deportes coa finalidade de que se poida escoller o que máis adecúe ás posibilidades e/ou intereses das persoas participantes.

- Ximansia de mantemento: Actividade dirixida que se basea nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, alcanzando un estado físico óptimo mediante o desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento, tonificación e coordinación de forma xeral.

- Acondicionamento físico e aeróbico: O aeróbic é un tipo de exercicio capaz de estimular a actividade cardiovascular e respiratoria durante un tempo o suficientemente longo, como para producir no noso corpo determinados beneficios como mellorar a saúde, previr enfermidades, mellorar a forma física, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxas de reserva e reducir a tensión.

- Pilates: Traballa a musculatura profunda e superficial unindo aspectos do concepto de actividade física occidental e oriental a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.

- Actividades para persoas con capacidades diferentes: Actividade física baseada na adaptación da tarefa ás capacidades de cada individuo. Dentro deste tipo de actividade englóbanse todas aquelas modalidades deportivas que se adecúan a persoas con diferentes capacidades, ben porque se realizaron unha serie de adaptacións e/ou modificacións para facilitar a práctica a ese colectivo, ou porque a propia estrutura do deporte permite a súa práctica sen adaptacións relevantes.

- Ximnasia Rítmica: A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000