Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

09/11/2017

Inauguradas novas dotacións no Club Fluvial de Lugo, financiadas con 100.000 euros polo Goberno da Deputación

- Campos Conde lembrou que o pasado sábado asinou o convenio de colaboración entre o Fluvial e a Deputación de Lugo, cun valor de 100.000 euros, que viña a ratificar a nosa aposta decidida polo deporte lucense e polo fomento dun estilo de vida saudable entre todos os nosos veciños da provincia

-O Presidente remarcou que “a Deputación de Lugo é a Administración galega por excelencia que máis inviste en Deporte na nosa provincia.Tan só na mellora e dotación de instalacións deportivas máis de 2 millóns de euros”

- Coa achega do Goberno Provincial, acadouse un ximnasio de 800 metros cadrados, e unha nova planta con salas de fitness, cardio e spinning. Ampliáronse e renováronse os vestiarios, ao tempo que se construíu unha nova cafetería con restaurante

091117 INAUGURACION-CLUB FLUVIAL

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este xoves as novas instalacións do Club Fluvial de Lugo. O Goberno da Deputación realizou unha achega económica de 100.000 euros para estas novas infraestruturas, beneficiando así a 15.000 lucenses.

Campos Conde lembrou que “o pasado sábado asinábamos o convenio de colaboración entre o Fluvial e a Deputación de Lugo, por valor de 100.000 euros, que viña a ratificar a nosa aposta decidida polo deporte lucense e polo fomento dun estilo de vida saudable entre todos os veciños da nosa provincia”.

O Presidente explicou que con cargo a este orzamento “acadouse un ximnasio de 800 metros cadrados, e unha nova planta con salas de fitness, cardio e spinning. Ademais, ampliáronse e renováronse os vestiarios, ao tempo que se construíu unha nova cafetería con restaurante. Tamén se acometeu o arranxo de 700 metros da Rúa Fermín Rivera, con 55.000 euros, permitindo a ampliación das prazas de estacionamento coa construción dun novo aparcadoiro fronte ao Club Fluvial”.

Campos Conde subliñou que “este investimento supón un activo moi importante para a cidade e a provincia, non só polo que beneficia aos máis de 15.200 socios e aos máis de 1.000 deportistas federados do Club, senón porque contribúe a potenciar o deporte, e ao mesmo tempo damos resposta a unha importante demanda deste Club”.

O Presidente remarcou que “o Goberno Provincial que presido fixo que a Deputación sexa a Administración galega por excelencia que máis inviste en Deporte na nosa provincia.Tan só na mellora e dotación de instalacións deportivas levamos feito un investimento de máis de 2 millóns de euros, nas que se inclúen estas obras”.

A esta inauguración asistiron tamén o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o Presidente do Consejo Superior de Deportes, José Ramón Lete Lasa, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da entidade, Modesto Teijeiro Valledor, entre outras autoridades.

Instalacións xa operativas

As clases do Club Fluvial de Lugo comezaron o pasado luns, 18 de setembro, nas salas da recentemente construída terceira planta, onde se impartirán as actividades de fitness, cardio e spinning, en tres espazos, ademais das actividades virtuais que se poderán practicar nunha cuarta sala. Ademais da apertura aos socios destes novos espazos, tamén está xa en funcionamento o antigo ximnasio, que unha vez remodelado viu duplicado o seu espazo, ao unirse a esta estancia a superficie que ocupaba a antiga cafetería. Este ximnasio dotouse de maquinaria de última xeración, sobre todo para a práctica de exercicios de cardio, con elípticas de paso variable, cintas de correr, bicis e máquinas de musculación, principalmente.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000