Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

27/10/2017

Máis de 100 inscritos no I Trail das Bestas de Muras que conta co principal patrocinio do Goberno da Deputación

- O evento deportivo terá lugar o vindeiro 5 de novembro, a partir das 9:30 horas na área da Veiga; e contará con dous percorridos un de 16 e outro de 25 quilómetros

- Rivera Capón subliñou que “apostamos pola organización deste Trail posto que se trata dunha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos da provincia como a Serra do Xistral ou o entorno do río Eume”

- O organismo provincial é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros. As inscricións realízanse na páxina https://tracktherace.com/

271017 Pablo rivera-presentacion MURAS

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco presentou este venres no Concello de Muras o I Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 5 de novembro. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

Rivera Capón remarcou que “a 1º Edición desta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume. Non en vano, compráceme anunciar que xa hai preto de 100 participantes inscritos de toda Galicia”.

O Deputado sinalou que “a saída será ás 9:30 horas, e os participantes deberán escoller entre dous percorridos de 16 ou 23 quilómetros, o que supón todo un reto, e que discorrerá en medio dunha paraxe de incalculable valor natural e paisaxística de Muras”.

Percorrido e inscricións

O I Trail das Bestas de Muras arranca o vindeiro 5 de novembro ás 09:30 horas dende a Área Recreativa da Veiga, o percorrido será circular con saída e meta nesta mesma Área. O circuíto estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces. As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras; senior masculino ou feminino dende os 18 ata os 45 anos, e veterán ou veterana a partir dos 46 anos. A idade a ter en conta é a idade que terá o corredor a final do ano. As inscricións realízanse na páxina https://tracktherace.com/. Os prezos serán os seguintes: para o percorrido 25 km:((18€ ata o día 30 de Outubro de 2017, ou 22€ dende o día 31 de Outubro de 2017 ata o 2 de Novembro as 22:00). E para o percorrido 15 km (15€ ata o día 30 de Outubro de 2017, e 18€ dende o día 31 de Outubro de 2017 ata o 2 de Novembro as 22:00). A inscrición inclúe; seguro asistencia sanitaria e R.C., avituallamentos, (sólidos e líquidos), camisola oficial da proba, comida final, reportaxe fotográfico en aberto, seguemento gps Track The Race e duchas.

Imáxenes

271017 TRAIL DAS BESTAS

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000