Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

23/10/2017

O Goberno da Deputación ofrece de balde obradoiros infantís e para familias nos 4 museos da provincia co gallo do Samaín

- Trátanse das 4 actividades gratuítas e para todas as idades que o Executivo Provincial organiza este sábado no Museo Provincial de Lugo, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, no Museo do Mar en San Cibrao, e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos

- Os interesados poden inscribirse nas instalacións dos museos onde se celebran os obradoiros. Os participantes coñecerán as orixes celtas do Samaín, realizarán baleirados de cabazas ou confeccionarán velas e disfraces, entre outras moitas actividades

231017 Foto Samain

O Goberno da Deputación ofrece este sábado, obradoiros gratuítos e para todas as idades, nos 4 museos da provincia, con motivo do Samaín. Así o informou este luns a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto. As actividades terán lugar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, no Museo Provincial do Mar en Cervo, e no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Os interesados en participar nestes obradoiros poden inscribirse nos museos onde se realizan as actividades.

As 4 actividades gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación este sábado nos 4 museos da Rede Museística Provincial son:

- No Museo Provincial de Lugo, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro Samaín no museo. Está dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos e conta con 15 prazas. Os participantes coñecerán as orixes do Samaín, realizarán baleirados de cabazas e elaborarán disfraces.

- No Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, de 16:00 a 24:00 horas, terá lugar o obradoiro, que conta coa colaboración da Asociación Castronela. Está dirixido ás familias e non hai límite de prazas. Os participantes realizarán baleirados de cabazas, pintado de caras, así como xogos, percorridos arredor da Fortaleza e paseos e actividades no centro de Friol.

- No Museo Provincial do Mar en San Cibrao, no Concello de Cervo, de 11:30 a 13:30 horas, terá lugar o obradoiro Trasnadas de Samaín. Está dirixido a nenos de entre 4 e 14 anos e conta con 15 prazas. Os participantes coñecerán as orixes celtas da actual festa, buscando as raíces de usos como o de baleirado das cabazas, disfraces ou pedir doces.

- No Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos, de 11:00 a 13:00 horas. Está dirixido ás familias e non hai límite de prazas. Os participantes confeccionarán velas e disfraces, así como xogos de pantasmas.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000