Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Hoxe

13/10/2017

O Goberno da Deputación inviste 270.000 euros na mellora de rúas, camiños e accesos rurais de Monforte e Taboada

- Actuarase en 13 rúas do núcleo urbano de Monforte de Lemos, así como en 31 camiños rurais de 12 parroquias deste municipio; ademais de mellorar o acceso á aldea de Serén, en Taboada

- O Vicepresidente apuntou que “apostamos por este tipo de pequenas obras, que dan un grande servizo, dentro da nosa aposta por unha Deputación rural e coas persoas”

- Os traballos consistirán, na súa maioría, na limpeza de cunetas, bacheo, e na mellora do firme con aglomerado en quente

131017 Xunta Goberno

O Vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez Núñez, informou este venres que o Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno investir máis de 270.000 euros no Sur da provincia para mellorar rúas urbanas e camiños rurais. Martínez Núñez explicou que se actuará en 13 rúas do núcleo urbano de Monforte de Lemos, así como en 31 camiños rurais; ademais de mellorar os accesos á aldea de Serén, en Taboada. Os traballos consistirán, na súa maioría, na limpeza de cunetas, bacheo e na mellora do firme con aglomerado en quente.

“A través destas actuacións, dende o Goberno Provincial continuamos a mellorar as infraestruturas e comunicacións da provincia, dentro da nosa aposta por unha Deputación rural, que traballa pola igualdade de oportunidades vivas onde vivas”, apuntou Martínez Núñez.

Son 17.500 euros os que destina o Executivo Provincial para a mellora do acceso Serén, dende a LU-P-1809, unha aldea da Parroquia de Piñeira, en Taboada, na que viven unhas 25 persoas. Serán un total de 400 metros os que se mellorarán con aglomerado en quente e co que se dará continuidade ao pavimento xa existente no primeiro treito deste acceso.

Por outra banda, o Goberno da Deputación achega outros 250.000 euros ao Concello de Monforte de Lemos, que se engaden aos 135.000 euros que achega o propio municipio, o que suma, en total, 385.000 euros. Son un total de 13 as rúas do núcleo monfortino que se acondicionarán. Estes traballos beneficiarán de xeito directo, a unhas 1.500 persoas, así como a empresas e entidades e, indirectamente, a todos os veciños da Cidade do Cabe, pois son vías moi transitadas.

Na súa maioría, os traballos consistirán na reposición do firme con aglomerado en quente e instalación de sinalización horizontal, vertical e repintado. As rúas nas que se executarán as melloras son:

  • Rúa Zapardiel: trátase dunha rúa que se atopa ao carón do IES Río Cabe e que comunica Doutor Casares con Calvo Sotelo. Na zona, está situado o pavillón, un parque, así como varias pequenas rúas de paso. Trátase dun eixo fundamental deste barrio, ao ser empregado polos mozos e mozas que van a dito centro escolar, así como a xente da zona.
  • Aceña Nova: atópase entre a Praza de Carude e a Praza de Lugo. Trátase dunha zona na que aumentou a poboación, debido á construción de vivendas de protección oficial e chalets. Nesta estrada, o Concello executará tamén melloras no saneamento e, posteriormente, acondicionará o firme.
  • Lateral do Cemiterio: é unha rúa estreita que se atopa ao lado do cemiterio, na que hai diferente empresas de recauchutados, granito e mármore, o que implica o paso de vehículos pesados (de 3.000 a 5.000 quilos) producindo o deterioro do firme.
  • Xoán Montes: mellorarase o primeiro treito, que vai dende a Rúa Morín, que é a estrada que entra de Lugo, ata a vía do ferrocarril. Trátase dunha da vías de acceso ao Porto Seco, así como ao museo galego do ferrocarril.
  • Chamoso Lamas: é unha vía que une o Barrio do Río Seco coas Cruces e que vai bordeando as instalacións de RENFE. Tamén comunica co parque público do río.
  • Pardo Bazán – Padre Feijóo – Noriega Varela: Os traballos iniciaranse na rúa Pardo Bazán, que une O Morín co paso a nivel do Río seco, e co entorno da vía do ferrocarril. Une tamén a rúa Padre Feijóo, que bordea un parque; e a Noriega Varela. Todas estas rúas pertencen ao barrio da estación.
  • Doutor Fleming e Ponte dos Pico: estas 2 estradas melloraranse con rego asfáltico. Por vez primeira, estas dúas estradas semi-rurais disporán de aglomerado en quente pois, ata o de agora, eran de zahorra. Son vías de importancia pois úsanse para saír do núcleo de Monforte á N-120, evitando os semáforos.
  • Muíños de Antero: damos continuidade a Rúa de Estrela á Rúa Benito Viceto. Con estas melloras, rematarase a rehabilitación integral nesta rúa, que está dividida por un paso a nivel.
  • Figueira Valverde: é unha estrada na que, ademais de haber unhas 30 vivendas, hai industrias de hostelería e grúas. Comunica o Barrio das Cruces coa Rúa Valle Inclán.
  • Paseo da estrada de piñeiro: construirase un paseo peonil, con carril bici de case 750 metros, que se atopaba ata en desuso. Deste xeito, melloraremos o firme con aglomerado en quente e instalaranse balizas. Estará rematado ca a primavera.
  • Estrada de Piñeira: instalarase un redutor de velocidade para incrementar a seguridade, ao tratarse dunha zona na que xa houbo varios accidentes.

Tamén se inclúen melloras en camiños e estradas do rural. Deste xeito, acondicionaranse 31 camiños en 12 das 26 parroquias que ten o Concello de Monforte de Lemos, e nas que viven, no seu conxunto, unhas 1.600 persoas. Serán un total de 12.000 metros os que se acondicionarán. Os traballos consistirán, na súa maioría, no bacheo, limpeza e mellora do firme con rego asfáltico.

Concretamente, os camiños rurais por parroquias que se rehabilitarán son:

  1. Na parroquia da Penela: estrada da Escola e estrada das Pereiras
  2. Na parroquia da Reigada: rúa Potillón e rúa as Fontes
  3. Na parroquia das Fontes: camiño do Mato, da Fonte Vella e das Fontes
  4. Na parroquia de Distríz: camiño a Babela 1 e 2; e camiño das pozas
  5. Na parroquia de Piñeira: rúa Ourense, pista do Rei e rúa regueira
  6. Na parroquia de Marcelle: pista do Seixo, Vilanova, Palleiros e Mirador
  7. Na parroquia da Parte: Probeiros e Caseiro
  8. Na parroquia de Santa Mariña: rúa Hortos
  9. Na parroquia da Caneda: Camiños Vao 1, 2, 3 3 4:
  10. Núcleo de Monforte: camiño da Redonda
  11. Na parroquia de Ribasaltas: camiño da Quintela
  12. Na parroquia de Seoane: rúa Taboada e rúa Prodeme

Na parroquia de Santa Mariña: Campo da Festa, Calvos a Torre e Zona do Campo de Tiro

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000