Emblema de la Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas ciudadanas
Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
Empleo público
Perfil del Contratante

Actualidad

11/10/2017

O Goberno da Deputación mellora con 72.000 euros a estrada que une ás Nogais con Pedrafita do Cebreiro

- Martínez Núñez supervisou este mércores os traballos, xa rematados, que o Executivo Provincial levou á LU-P-3701, das Nogais por Pintinidoira á LU-P-4504

- O Vicepresidente subliñou que “con estas actuacións beneficiamos aos centos de veciños que empregan esta vía que une aos Concellos das Nogais e Pedrafita do Cebreiro; e de xeito directo a 50 familias, de 3 núcleos rurais polos que discorre a estrada”

- As obras realizáronse nun treito de 4,7 quilómetros, dende o punto quilométrico 1,100 ao 5,800. Consistiron na mellora do firme con 3 regos de emulsión; limpeza de cunetas; reforzo da sinalización e repintado; instalación de biondas e mellora de drenaxe

111017 Foto2 As Nogais

O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, supervisou este mércores os traballos de mellora na LU-P-3701, das Nogais por Pintinidoira á LU-P-4504, que une ao Concello de As Nogais con Pedrafita de Cebreiro. As obras, que contan cun investimento do Executivo Provincial de 72.000 euros, realizáronse nun treito de 4,7 quilómetros, dende o punto quilométrico 1,100 ao 5,800. Os traballos, xa rematados, consistiron na mellora do firme con tres regos de emulsión; na limpeza de cunetas; mellora do bacheado; reforzo da sinalización e repintado; incremento da seguridade coa instalación de biondas e mellora do sistema de drenaxe. A seguinte actuación do Goberno da Deputación nesta estrada provincial será a mellora do firme con aglomerado en quente.

Martínez Núñez explicou que “esta é unha actuación de emerxencia, debido ao deterioro da estrada a causa das inclemencias meteorolóxicas. Con estas actuacións beneficiamos aos centos de veciños que empregan esta vía que une aos Concellos das Nogais e Pedrafita do Cebreiro; e de xeito directo a 50 familias, que son as que viven nos núcleos rurais polos que discorre o treito que arranxamos, e que son os de Fonfría, Busgulumar e A Lagúa, todos eles na parroquia de San André, nas Nogais”.

Máis melloras en estradas provinciais das Nogais

Esta non foi a única estrada provincial mellorada polo Goberno da Deputación no Concello das Nogais, pois financiou con 100.000 euros as melloras na LU-P-3702, que une Nullán, nas Nogais, con Lamas, en Triacastela. Os traballos, que se levaron a cabo dende o punto quilométrico 0,195 ata o 2,200, consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, así como a ampliación de dúas curvas moi pechadas con zahorra, para mellorar a seguridade, e a limpeza, reapertura de cunetas e sinalización da vía con pintado.

Co arranxo desta vía, o Executivo Provincial beneficiou directamente a uns 300 veciños desta zona, mellorando a accesibilidade entre os núcleos rurais de Nullán e Lamas, ademais de beneficiarse o sector turístico, xa que esta estrada dá acceso á casa de turismo rural máis concorrida da vila, situada en Chan do Vilar, e ao mesmo tempo comunica co antigo Camiño Real.

Sonidos

Imágenes

111017 Foto1 As Nogais

Ver más imágenes

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000