Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

06/10/2017

O sur da provincia acolle a quinta edición da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics, coa que colabora o Goberno da Deputación

- O Executivo Provincial colabora con esta asociación con 8.000 euros, que serven para financiar diferentes actividades deportivas e de impulso da autonomía persoal

061017 Foto Olympics

A quinta edición da marcha ciclista unificada de Special Olympics Galicia vaise celebrar este sábado, 7 de outubro. O inicio da marcha será ás 12:30 horas dende a Praza do Concello de Sober; mentres que o acto de clausura terá como escenario a Praza da Compañía de Monforte, a partir das 14 horas.

Neste evento deportivo van participar 27 ciclistas con discapacidade intelectual de PRODEME, outros 8 de ASPAS e 3 da Fundación ADCOR. Todos eles estarán acompañados de 8 adestradores así como de ciclistas dos clubes Os do Monte Bravo e CC Torre San Vicente e por voluntarios de Special Olympics Galicia.

Durante a presentación do evento, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, destacou que “este tipo de iniciativas como a que hoxe presentamos da mán de Special Olympics, que traballan para botar abaixo barreiras e obstáculos físicos e de prexuízos, que son as que realmente entorpecen a total integración.O espírito de colaboración e superación que, estou convencida, reinará nesta competición, fortalecerá aspectos tan importantes como a autorrealización e o recoñecemento propio”.

O Alcalde, José Tomé, destacou que “dende Special Olympics facedes un traballo moi imporante, xa que con actividades coma esta, que cumpre xa cinco edicións, axudades a eliminar os estereotipos que, lamentablemente, aínda existen, e poñedes o voso grao de area para achegar a discapacidade a toda a sociedade”.

Por outra parte, o mandatario local sinalou que “dende este equipo de Goberno estamos comprometidos co desenvolvemento e coa inclusión das persoas que teñen algún tipo de discapacidade. Proba diso, é a concellería de Sevizos Sociais e Discapacidade posta en marcha durante o meu Goberno”.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000