Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

13/09/2017

O Goberno da Deputación organiza unha xornada de transparencia e acceso á información nos Concellos

-Fernández Queipo presentou esta encontro que se celebrará o vindeiro 19 de outubro no Salón de Actos de San Marcos.  Está dirixido a representantes institucionais, así como secretarios, interventores, tesoureiros, e técnicos municpais en xeral
-Participarán os catedráticos de Dereito Administrativo, Emilio Guichot Reina e Oriol Mir Puigpelat; que analizarán tamén a publicidade activa nas entidades locais, o dereito de acceso á información pública ou o acceso dos concelleiros á información
-Na web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un espazo habilitado co formulario e con toda a información para anotarse. O prazo remata o 13 de outubro

O Goberno da Deputación organiza unha xornada de transparencia e acceso á información nos Concellos

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Argelio Fernández Queipo, presentou este mércores na Deputación, o VII Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos, que versará sobre a transparencia e acceso a información no ámbito local. Este xornada celebrarase o día 19 de outubro no Salón de actos do Pazo de San Marcos.

Fernández Queipo avanzou que o programa desta edición está centrado na importancia da transparencia e o acceso á información pública nas entidades locais. “Dende área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, presentamos esta edición atendendo ás demandas dos nosos municipios, co fin de dar resposta a moitas dubidas e que existen sobre a información nas entidades locais. Dende o Goberno da Deputación entendemos que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os piares de calquera acción política”, explicou.

O Deputado remarcou que nesta xornada, que celebra a súa VII Edición, participarán dous expertos de recoñecido prestixio, como son os Catedráticos de Dereito Administrativo, Emilio Guichot Reina da Universidade de Sevilla; e Oriol Mir Puigpelat da Universidade Pompeu Fabra, autores de numerosos estudios sobre este asunto.

Ao longo do encontro, debaterase sobre as normativas de transparencia e sobre protección de datos. Outro asunto que centrara o encontro serán os límites do dereito de acceso, especialmente a protección de datos persoais; así como a publicidade activa nas entidades locais, e o dereito de acceso á información pública. Por último analizarase a normativa de transparencia e o acceso dos concelleiros á información municipal.

Inscricións ata o 13 de outubro na web da Deputación
Esta edición está dirixida a representantes institucionais, como secretarios, interventores, tesoureiros ou outros traballadores dos Concellos. Todos os interesados terán en www.deputacionlugo.gal, a partir do dia 2 outubro un espazo habilitado co formulario e a información para anotarse. O prazo remata o 13 de outubro. Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia a este Encontro.

Programa
Transparencia e acceso á información no ámbito local”
Mañá
9:15h.- Recepción dos asistentes e entrega da documentación.
9:30h.- Apertura do Encontro. Intervención de D. Darío Campos Conde, Presidente da Deputación de Lugo e de D. Argelio Fernández Queipo, Deputado Delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente.
10:00h.- Relatorio: As normativas sobre transparencia e sobre protección de datos. Panorámica e reformas. D. Emilio Guichot Reina. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Sevilla.
11:30h.- Pausa.
12:00h.- Relatorio: Os límites do dereito de acceso. En especial, a protección de datos
persoais. D. Emilio Guichot Reina. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Sevilla.
13:30h.- Relatorio: A publicidade activa nas entidades locais. D. Emilio Guichot Reina. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Sevilla.

Tarde
16:30h.- Relatorio: O dereito de acceso á información pública: suxeitos, procedemento e garantías. D. Oriol Mir Puigpelat. Catedrático acreditado de Dereito Administrativo da Universidade Pompeu Fabra.
17:30h.- Relatorio: A normativa sobre transparencia e o acceso dos concelleiros á información. D. Oriol Mir Puigpelat. Catedrático acreditado de Dereito Administrativo da Universidade Pompeu Fabra.
18:30h.- Clausura. Intervención de D. Darío Campos Conde, Presidente da Deputación de Lugo e de D. Argelio Fernández Queipo, Deputado Delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Medio Ambiente.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000