Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

13/09/2017

Arcadio López Casanova, premio Otero Pedrayo 2015

Arcadio López Casanova, premio Otero Pedrayo 2015

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado doutras autoridades da provincia, así como de representantes das restantes 3 Deputacións Provinciais, fixo entrega este martes do Premio Otero Pedrayo 2015, organizado polo Goberno da Deputación e que recaeu no escritor lucense Arcadio López Casanova. No acto, o premiado estivo representado por Luís González Tosar.

Logo da entrega dos distintivos, o Presidente da Deputación fixo a seguinte intervención:

Neste ano 2017 címprense 30 anos da creación dos premios Otero Pedrayo, un certame nacido ao abeiro das 4 Deputacións Galegas. Dende a súa creación en 1977, a Deputación que presido vén participando en todas as edicións do premio, ben sexa como entidade organizadora ou contribuíndo coa achega económica correspondente.

Para este Goberno Provincial é unha honra e orgullo participar neste premio, co que amosamos o noso compromiso co presente e co futuro.

E digo isto porque: 

Con este premio, poñemos en valor a figura do escritor ourensán Ramón Otero Pedrayo, patriarca das letras galegas e considerado un referente imprescindible para a cultura galega.

Ademais, na organización deste certame, participan as institucións culturais e educativas máis prestixiosas da nosa comunidade autónoma: as tres universidades de Galicia, a Real Academia Galega da Lingua e o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

E sen dúbida, o feito máis importante é que, con este recoñecemento preservamos a memoria dunha persoa de enorme influencia no campo das letras; premiando unha labor a prol da cultura galega.
Dito isto, lembrar que no ano 2015 esta Deputación foi a encargade de organizar o Premio Otero Pedrayo, que recaeu no escritor, académico e catedrático lucense, Arcadio López Casanova.

Arcadio López Casanova, nacido en Lugo e criado nas terras do Páramo inicia a súa carreira literaria nesta cidade de Lugo onde, sendo un adolescente comeza a colaborar no xornal El Progreso e publica o libro de relatos Tío Mingos. Cuentos de Galicia e crea, con algúns compañeiros de instituto, a revista Escritos.

Xa en Compostela, estudou Filosofía e Letras onde entrou en contacto cos mestres do galeguismo, entre outros co propio Otero Pedrayo, e cos escritores da súa xeración.  López Casanova colabora en cabeceiras tan prestixiosas como La Noche e La Voz de Galicia e edita o seu primeiro libro de poesía Hombre último, censurado polo franquismo.

De regreso a Lugo segue a desenvolver unha importante actividade cultural. Xa no ano 1968 trasládase a Valencia, lugar no que obtén unha cátedra de Lingua e Literatura Españolas.

Nestes anos, produciu máis de vinte libros de poesía, en galego e castelán. Un deles, Mesteres, supuxo un auténtico fito na renovación da poesía galega dos anos 70.

Dito isto, e vista a importancia nas nosas letras de López Casanova, so me resta facer patente o noso recoñecemento e transmitirlle os nosos máis sinceros parabéns ao escritor lucense, representado hoxe aquí por Luís González Tosar.

Cremos honestamente que a decisión do xurado fai xustiza con Arcadio Lopéz Casanova, ao recoñecerlle os méritos dunha carreira literaria que o fan merecedor deste galardón.

Moitas grazas.

Imáxenes

Arcadio López Casanova, premio Otero Pedrayo 2015          Arcadio López Casanova, premio Otero Pedrayo 2015

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000