Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

12/09/2017

O Goberno da Deputación fai posible unha nova edición do Terremoto Trail, que reunirá a centos de persoas en Triacastela

- O evento, que terá lugar o domingo 24 de setembro, contará con catro categorías: Maratón (42 quilómetros), Trail (26 quilómetros), Mini (15 quilómetros) e unha Andaina popular (12 quilómetros). Ao finalizar, haberá unha degustación de carne
- López Izquierdo subliñou que “colaboramos con este evento dentro da nosa aposta por potenciar os recursos dos Concellos como valor diferencial que fan de Lugo unha provincia única. Este é un dos eixos do primeiro Plan Estratéxico de Turismo”
- As inscricións permanecerán abertas ata o mércores, día 20 de setembro a través da páxina web www.championchipnorte.com. As prazas están limitadas a 550
- O organismo provincial colabora na organización desde evento deportivo cunha achega de 3.000 euros, coa que tamén sufraga os gastos dun curso de natación para nenos e nenas no Concello de Triacastela, fomentando o deporte neste municipio

O Goberno da Deputación fai posible unha nova edición do Terremoto Trail, que reunirá a centos de persoas en Triacastela

A Deputada Provincial pola Comarca de Sarria, Sonsoles López Izquierdo, xunto á Alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias Fontal, e o Presidente do Club RunningSarria, Ricardo Arias Alvaredo, presentaron este martes no Pazo de San Marcos a VI Edición do Terremoto Trail, que se celebrará en dito municipio o domingo 24 de setembro. O organismo provincial colabora na organización desde evento deportivo cunha achega de 3.000 euros, coa que tamén sufraga os gastos dun curso de natación para nenos e nenas en Triacastela. A 6ª edición do Terremoto Trail está organizada polo Club Running Sarria e tamén conta co apoio do Concello.

López Izquierdo subliñou que “colaboramos con este evento dentro da nosa aposta por potenciar os recursos dos nosos Concellos como valor diferencial que fan de Lugo unha provincia única, capaz de ofrecer unha oferta turística ampla e variada. Este é, precisamente, un dos eixos que establece o primeiro Plan Estratéxico de Turismo, totalmente participativo, que elaboramos dende o Goberno da Deputación co obxectivo de xerar riqueza e dinamizar o emprego a través do turismo”.

A Deputada engadiu que “somos conscientes do potencial de convocatoria que ten o Terremoto Trail, reunindo a centos de persoas nas cinco primeiras edicións. Por iso, este ano estaremos apoiando a celebración do evento, como unha iniciativa que contribúe a impulsar a economía da zona e que ademais nesta sexta edición promoverá a gastronomía local, pois, como novidade, na chegada haberá unha degustación de carne de vaca cachena para todos os participantes, pertencente á gandería Cachenas de San Breixo de Triacastela”.

Categorías e inscricións
Haberá catro categorías: os participantes inscritos na categoría Maratón sairán ás 8:00 horas e deberán completar un percorrido de 42 quilómetros; os corredores da categoría Trail sairán ás 10:00 horas e terán que superar 26 quilómetros de distancia; e finalmente, ás 10:05 sairán os deportistas das categorías Mini e da Andaina popular que deberán completar unha distancia de 15 e 12 quilómetros respectivamente.

As inscricións permanecerán abertas ata o mércores, día 20 de setembro a través da web www.championchipnorte.com. As prazas están limitadas a 550.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000