Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

11/09/2017

A TIC duplica o número de prazas con 64 cursos gratuítos de novas tecnoloxías para maiores no 4º trimestre de 2017

-Campos dixo que “reforzamos o labor social da TIC cun sensible incremento de cursos e prazas co obxectivo de atender a alta demanda e achegar os beneficios do uso das novas tecnoloxías a máis lucenses”
-A nova tempada arranca este mércores con 21 cursos máis e un total de 877 prazas para as que xa está aberto o prazo de inscrición en www.fundaciontic.org, www.deputacionlugo.gal e  982 225 186
-Destacan os obradoiros de móbil, Internet e memoria, e os 27 dun día destinados ao reforzamento de coñecementos para os que tamén é necesario inscribirse

A TIC duplica o número de prazas con 64 cursos gratuítos de novas tecnoloxías para maiores no 4º trimestre de 2017

A Fundación TIC da Deputación, a través do InLugo, impartirá 64 cursos e obradoiros gratuítos no 4º trimestre de 2017, 21 máis que na anterior tempada. O Presidente da TIC e da Deputación, Darío Campos, presentou este luns o programa de actividades de novas tecnoloxías destinadas aos lucenses de máis de 55 anos, que suman un total de 877 prazas, o dobre que no trimestre anterior. Arrancara este mércores, 13 de setembro.

Darío Campos, que estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dixo que “neste trimestre imos reforzar o labor social que está a desenvolver a TIC cun sensible incremento no número de cursos e prazas. Queremos atender así a alta demanda que temos e achegar ao maior número posible de maiores os beneficios que ten o uso das novas tecnoloxías na súa vida cotiá, nas súas relacións sociais, na súa saúde e na súa autonomía persoal”.

Segundo o máximo responsable da TIC “os lucenses de máis de 55 anos que xa pasaron por estes cursos son  o mellor exemplo de que as novas tecnoloxías, ademais de útiles para mellorar a súa calidade de vida, son moito máis doadas de empregar do que parece. Por iso, quero animar aos nosos maiores a que se apunten a estas actividades e venzan o medo a estar desfasados. Aquí, ademais, atoparán novos amigos e formarán parte da familia da TIC”.

Máis cursos onde hai máis demanda
Os cursos serán de diversa duración. 37 serán de dous ou tres días, mentres que os outros 27 terán unha duración dun día. Estes últimos, que se impartirán os luns pola mañá e pola tarde e os venres pola mañá, están especialmente dedicados ao reforzamento de coñecementos, e necesitarán inscrición previa para cabida a todos os demandantes e poder distribuímos nos correspondentes días.

Con respecto ás materias, Campos anunciou que “aumentaremos o número de aqueles cursos con máis demanda, os do uso do móbil e de Internet. Pasarase de dúas a tres edicións, tanto do primeiro nivel como do segundo”. Tamén destacou “os obradoiros destinados á mellora da memoria e das habilidades cognitivas e psicomotrices, como os de Xbox ou Wii, que fomentan este tipo de exercicios mentais”. Logo do éxito da anterior tempada, este trimestre haberá 8 obradoiros de memoria. Ademais, dentro da programación os maiores da provincia poderán elixir entre talleres de redes sociais, correo electrónico ou uso de whatsapp, entre outros.

Aberto o prazo de inscrición
O prazo para apuntarse ábrese este mesmo luns, 11 de setembro. Os interesados xa poden inscribirse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou chamando ao teléfono 982 225 186. “Como sempre recomendamos que os interesados se dean présa porque as prazas soen cubrirse xa o primeiro día” apuntou Darío Campos.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000