Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

17/07/2017

O Goberno da Deputación fai posible unha nova edición da Subida a Chantada na que participarán uns 80 pilotos

- O evento deportivo, que terá lugar esta fin de semana, atópase consolidado como unha das competicións máis espectaculares do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña

- García Porto subliñou que “como é habitual, os mellores pilotos da nosa comunidade e das localidades veciñas de Castela e León e Asturias, formarán parte da grella de saída dunha proba que ano tras ano incrementa o número de participantes”

- O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta proba deportiva, pois decidiu achegar 7.000 euros para a celebración desta Subida, posto que se trata dunha oportunidade única para dar a coñecer a comarca de Chantada

O Goberno da Deputación fai posible unha nova edición da Subida a Chantada na que participarán uns 80 pilotos

A Deputada deCultura, Pilar García Porto, xunto ao Concelleiro de Deportes de Chantada, JoséCastor Novoa, e o Presidente da Escudaría Chantada, José Alfonso Viana Mejuto,presentaron este venres na Casa da Cultura do municipio chantadino a 44 ediciónda Subida a Chantada, que terá lugar esta fin de semana. Trátase dun eventodeportivo xa consolidado como unha das competicións máis espectaculares do calendarioautonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.

O Goberno daDeputación é o principal patrocinador desta proba automobilística, pois decidiuachegar 7.000 euros para a celebración desta Subida, posto que se trata dunhaoportunidade única para dar a coñecer a comarca de Chantada, promovendo oturismo e dinamizando a economía deste municipio.

García Portosubliñou que “como é habitual, os mellores pilotos da nosa comunidade e daslocalidades veciñas de Castela e León e Asturias, formarán parte da grella desaída dunha proba que ano tras ano incrementa o número de participantes, sendopreto de 80 os competidores nesta nova edición”.

A DeputadaProvincial engadiu que “temos un especial compromiso co deporte do motor, poisa nosa provincia é unha referencia neste eido a nivel nacional. Así, estacolaboración súmase ás axudas que realizamos para a organización da Subida áPontenova, o Rally San Froilán e o Rally da Ulloa”.

Programa

Sábado, 15 de xullo

09:30 Horas. Aperturaparque pechado (Casa da Cultura).

09:00 a 12:00 Horas.Verificacións administrativas (Rúa Xoán XXIII).

09:30 a 12:30 Horas.Verificacións técnicas (Rúa Travesía Xoán XXIII).

14:00 Horas. PublicaciónLista Autorizados a tomar a saída (Casa da Cultura).

14:00 Horas. Peche deestrada (Estrada C-533).

14:30 Horas. Presentaciónde pilotos no parque pechado (Rúa Xoán XXIII).

15:00 Horas. Presentaciónde pilotos no parque pre-saída (Estrada C-533).

15:30 Horas. Saída daprimeira manga de adestramentos (Estrada C-533).

De seguido. Saída daterceira manga oficial.

De seguido. Saída dacuarta manga oficial.

Domingo, 16 de xullo

08:00 Horas. Peche deestrada (Estrada C-533).

08:30 Horas. Presentaciónde pilotos no parque pechado (Rúa Xoán XXIII).

09:00 Horas. Presentaciónde pilotos no parque pre-saída (Estrada C-533).

09:30 Horas. Saída segundamanga de adestramentos. (Estrada C-533).

De seguido. Saída daterceira manga oficial.

De seguido. Saída dacuarta manga oficial.

16:15 Horas. Publicaciónde resultados (Casa da cultura).

16:20 Horas. Rolda deprensa dos tres primeiros clasificados (Casa da cultura).

17:00 Horas. Entrega depremios e trofeos (Auditorio municipal de Chantada).

Percorrido

A Subida a Chantada manténnesta edición o seu habitual percorrido, pola C-533 de Lalín-A Gudiña. Osparticipantes percorrerán 4,1 quilómetros, cun desnivel de 250 metros e unhapendente media do 7,5% ata a confluencia coa estrada de Chantada a Monforte.

Comonoutras edicións, os tempos e resultados poden ser consultados a través dapáxina web http://temposfga.eu/.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000