Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

17/07/2017

O Goberno da Deputación investiu 600.000 euros en Baleira para o impulso dos servizos públicos e do emprego

- O Presidente supervisou as melloras nos abastecementos de auga de Trabeiro, Sixto, Real de Sampaio e Retizós, e na depuradora do Cádavo, que benefician a 560 veciños

- Campos visitou a vivenda social na que viven familias en difícil situación e onde o Goberno Provincial mellorou o sistema de calefacción e illamento con 20.000 euros

- Mellora do alumeado e dos accesos ao polígono do Cádavo; atención profesional de 45 maiores; xeración de 5 novos empregos, son outras das actuacións do Goberno da Deputación, que xa ten previstas as seguintes con 257.000 euros

O Goberno da Deputación investiu 600.000 euros en Baleira para o impulso dos servizos públicos e do emprego

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informoueste xoves sobre o investimento de 600.000 euros, que o Goberno Provincialachegou a este municipio nun ano para dotacións públicas, servizos sociais eemprego en procura da mellora da calidade de vida dos 1.300 veciños domunicipio. Campos Conde deu conta das actuacións levada a cabo nunha visita aoConcello xunto ao Tenente de Alcalde, Alberto Núñez, e outro compañeiros dacorporación municipal. 

Foron máis de 250.000 eurosos executados, ata o momento e nos últimos meses, en obras de mellora deinfraestruturas e dotacións públicas, como redes de saneamento, depuradoras deauga, accesos viarios, alumeados públicos ou sistemas de illamento.

Campos e Núñez supervisarono resultado dos traballos de acondicionamento da rede de abastecemento de augano núcleo de Trabeiro, na parroquia da Fontaneira; Sixto, en Lastra; Real deSampaio, en Cubilledo e en Retizós. Estes traballos beneficiaron, directamente,ás 160 persoas que viven en ditas zonas. O Goberno da Deputación tamén arranxoua depuradora de auga do Cádavo, onde viven 400 veciños.

Con outros 20.000 euros, oGoberno Provincial mellorou o alumeado público no Cádavo, ademais da sistema decalefacción e do illamento da vivenda social, coñecida como a Casa dos Mestres,na que viven familias en risco de exclusión social.

Infraestruturas viarias

O Presidente, xunto ao TenenteAlcalde, deu conta das obras de 76.000 euros que se realizaron na LU-P-0403. Éa estrada que une o polígono do Cádavo coa localidade de Baleira ata Quintá,ademais de ser a que conecta coa LU-530, que é a vía que une este municipio cosde Castroverde e A Fonsagrada. As mellorase realizáronse nun treito de 1,2quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 4,560 e 5,800, nos quese mellorou o firme con aglomerado en quente, acondicionáronse as marxe eincrementouse a sinalización.

OGoberno da Deputación financiou con 50.000 euros o acondicionamento e mellorade camiños de Muiña, na parroquia de Retizós; así como nas parroquias de Gasallae Córneas, beneficiando aos 50 veciños destes núcleos.

60.000 euros en novos postosde traballo

O Goberno Provincial xerou 5 novos postos de traballo enBaleira a través do DepuEmprego e o Ben Empregado, pois asume con case 60.000euros os custos laborais de novos profesionais que traballan en empresas dazona e no propio Consistorio, reforzando os servizos públicos municipais.

Máis de 23.000 euros para benestar

O Executivo Provincial xera neste municipio máisempregos, pois con preto de 23.000 euros contrata a traballadores que presten1.494 horas de atención profesionais a 45 maiores, aos que non atende a Xuntade Galicia por non telos catalogados como dependentes. Por este motivo, o fai oGoberno da Deputación co seu Servizo a Domicilio a non dependentes e daTeleasistencia gratuíta.

Novas actuacións

O Presidente destacou que a través dos 257.000 euros queo Goberno da Deputación vén de destinar a Baleira, sendo esta a primeira, peronon a única axuda económica, do orzamento de 2017 para este municipio,“reforzaremos a mellora das dotacións públicas e o impulso do emprego e dosservizos sociais aos veciños deste Concello”. E é que, con este orzamento, estáprevista a compra dun camión de recollida de lixo ou arranxar accesos viariosen Solleiros, Casanova, Rial, San Martín, Xeteira e Vialselle, entre outrasactuacións. Tamén se ofrecerá atención profesional a un mínimo de 49 maiores; sexerarán outros 4 empregos; se dinamizará o turismo co pulo da Feira de Produtosda zona e artesanía, ao tempo que se organizarán eventos deportivos.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000