Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

17/07/2017

Os socialistas denuncia o “abandono” que o PP dende o Goberno Central mantén as estradas da Mariña

- Pérez Herraiz explicou que "o Partido Popular non só fai que esta Comarca sexa a peor comunicada da provincia, pois non temos previsión algunha da A-74, senón que, nin tan sequera, inviste na conservación das vías estatais”

- “No ano 2011, co PSOE no Goberno Central, executamos na provincia 22 millóns de euros en traballos de mantemento de vías fronte aos 7,4 millóns do ano pasado. O PP recortou estes fondos en case un 70%”, detallou

- O PSOE conseguiu no Congreso, a pesares de non contar co voto a favor do PP, que se aprobase a súa emenda para aumentar o presuposto do mantemento dun treito da N-642. A Deputada adiantou que “presentaremos novas iniciativas para incrementar os fondos da conservación das estradas estatais na Mariña”

Os socialistas denuncia o “abandono” que o PP dende o Goberno Central mantén as estradas da Mariña

Burela, 13 de xullo de 2017.- A Deputada do PSOE noCongreso pola provincia de Lugo, Margarita Pérez Herraiz; o Presidente do PSOEna Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; o Deputado Autonómico do PSOE polaprovincia de Lugo, Luis Álvarez; os Alcaldes de Burela, Alfredo Llano; Alfoz,Jorge Val, Lourenzá, Rocío López, e Trabada, Mayra García; ademais deConcelleiros e compañeiros de partido na Mariña, denunciaron este xoves o“abandono” do Partido Popular dende o Goberno Central en materia de estradas.Pois, “non só fan que esta Comarca sexa a peor comunicada da provincia, senprevisión algunha para poñer en marcha a necesaria A-74; senón que, nin tansequera, inviste na conservación das vías de titularidade estatal que temos naMariña”, apuntou Pérez Herraiz.

O PP votou en contra da suba defondos para a A-74

ADeputada do PSOE no Congreso pola provincia de Lugo explicou que “no ano 2016había 2,3 millóns de euros para a A-74, dos que o Partido Popular dende oGoberno Central tan só se executou 500.000 euros. Este ano, o PP incorporouunha partida de 1,7 millóns de euros para esta autovía, que son “claramenteinsuficientes, mantendo á A-74 sen data algunha para a súa apertura. Por estemotivo, os socialistas presentamos no Congreso unha emenda, reclamandoincrementar en 1,5 millóns de euros este orzamento. O Partido Popular rexeitouesta suba, votando en contra dos intereses dos veciños da Mariña”.

“Marxinan ao terzo da veciños daprovincia que vivimos na Mariña”

Nesteeido, Campos Conde engadiu que “despois do acontecido coa transcantábrica,  cando, no ano 2000, o PP, dende o GobernoCentral, decidiu deixar a nosa Comarca marxinada, levamos anos esperando a quenos compensen co Corredor da Costa e coa VAC. Pero tamén o Partido Popularsegue a negar a posta en marcha destas infraestruturas, tanto dende o ExecutivoEstatal como dende a Xunta de Galicia. Están a marxinar a un terzo da poboaciónda provincia, que vivimos na Mariña. A nosa Comarca sobrevive grazas ao esforzodos seus veciños, que fan que sectores como a pesca ou factorías como Alcoacontinúen a funcionar, fortalecendo o PIB da provincia, aínda non terfacilidades para facelo en canto ás comunicacións”.

Nin tan sequera fondos paraconservación

PérezHerrraiz explicou que “no ano 2011, co PSOE no Goberno Central, executamos 22millóns de euros na conservación de estradas estatais na provincia de Lugo. Noano 2016, co PP no Executivo do Estatal, tan só se realizaron traballos porvalor de 7,4 millóns de euros. O Partido Popular recortou en case un 70% oinvestimento en conservación. Polo tanto, a Mariña non só non ten ascomunicacións que necesita, nin data para telas, senón que as poucas vías decomunicación que ten están totalmente abandonadas”.

Novas iniciativas para máis subas

“Presentamosunha proposición non de lei, que conseguimos sacar adiante a pesares de noncontar co apoio do PP dende o Goberno Central, para incrementar os fondosdestinados ao mantemento da N-642 entre os puntos quilométricos 29 e 39. Imos apresentar novas iniciativas para reclamar a necesaria suba de investimentos naconservación de máis estradas estatais na Mariña, pois o seu estado élamentable”.

Sen feitos e con atracos para apromoción turística da Mariña

O Alcalde de Burela denunciou que “ao PP éncheselle a boca, asegurandoque apoian a promoción turística da Comarca, pero só son palabras, só sabenfigurar, non hai feitos, e máis, hai atrancos. O Partido Popular dende osgoberno do Estado e da Xunta non puxeron en marcha nin unha soa iniciativa parafavorecer a actividade turística na Mariña. Entorpecen as que potenciamos dendeoutras administracións, entidades ou asociacións co esforzo dos veciños destaComarca. Todo o traballo estámolo a asumir os cidadáns e os propios Concelloscoa única axuda da Deputación de Lugo”.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000