Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

17/07/2017

O Goberno da Deputación leva unha mostra de ourivaría antiga a Burela, coincidindo coa Festa Castrexa

- Trátase da exposición itinerante, que o Executivo Provincial leva á Casa da Cultura de Burela ata o 30 de xullo, coincidindo coa Festa Castrexa. Conta cunha réplica do Torques de Burela e con 9 paneis fotográficos explicativos da colección de Álvaro Gil

- García Bermúdez destacou que “no ano 2015, a colección de ourivaría prehistórica foi declarada Ben de Interese Cultural, e con motivo desta importante distinción, dende o Goberno da Deputación, poñémola en valor e a difundimos pola provincia”

- A colección de ourivaría antiga Álvaro Gil, está formada por 40 pezas da época castrexa, entre as que se atopan torques, brazais, arracadas e pulseiras procedentes de diversos Concellos lucenses, así como doutros lugares de Galicia

O Goberno da Deputación leva unha mostra de ourivaría antiga a Burela, coincidindo coa Festa Castrexa

ADeputada de Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, e oAlcalde de Burela, Alfredo Llaño García, inauguraron este xoves amostra itinerante, Acolección de ourivaría Antiga do Museo Provincial de Lugo,que estará exposta ata o 30 de xullo na Casa da Cultura do Concellode Burela, coincidindo coa FestaCastrexaque se celebra os días 14, 15 e 16 de xullo en dito municipiomariñán.

GarcíaBermúdez destacou que “no ano 2015 a colección de ourivaría deÁlvaro Gil Varela foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xuntade Galicia, e con motivo desta importante distinción, dende oGoberno da Deputación, poñémos en valor a riqueza patrimonialgalega e os fondos dos nosos museos, ao tempo que contribuímos cunhaactividade lúdico-cultural á programación da VI edición da FestaCastrexa de Burela”.

Amostra propón unha visión completa, a través dunha réplica dotorques de Burela e 9 paneis fotográficos explicativos, da colecciónde obxectos de ourivaría prehistórica e antiga, fundamentalmenteáurea, dos fondos do Museo Provincial de Lugo, ademais de mostrasque abarcan desde o II milenio a. C. ata o século VI d. C.

Acolección de ourivaría antiga Álvaro Gil, que actualmente seexhibe na sala 8 do Museo Provincial, está formada por 40 pezas daépoca castrexa, entre as que se atopan torques, brazais, arracadas epulseiras procedentes de diversos Concellos lucenses, así comodoutros lugares de Galicia. Inclúe, ademais, emblemáticas xoiascomo o Torque de Burela, o máis grande atopado en Galicia, e oCarneiro Alado, peza de valiosa execución artística e de incertaprocedencia xeográfica.

Estacolección destaca, en primeiro lugar, polo elevado número de pezasque a compoñen, así como pola súa variedade morfolóxica. A maiorparte corresponde a elementos de adorno persoal, cun grande caráctersimbólico que indicaban a riqueza, o status ou o poder da persoa.Ademais, a mostra exposta no Museo Provincial de Lugo, conta contortas, lingotes e arames que permiten analizar os métodos deobtención do metal áureo e os primeiros pasos do traballo ourive. Otesouro goza da consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), oque lle outorga a máxima protección patrimonial segundo alexislación autonómica vixente.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000