Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

17/07/2017

O Goberno converte á Deputación na principal patrocinadora da Feira Tradicional Outrora de Bóveda

- O Executivo Provincial achega 6.000 euros, unha demostración de forxa e música en directo, o Concello 3.000 euros. A Deputada de Promoción Económica e o Alcalde presentaron a cita, nun acto ao que se sumou o Delegado Territorial da Xunta en Lugo

- López Izquierdo destacou que “colaboramos con este evento dentro da nosa aposta por potenciar os recursos dos Concellos como valor diferencial que fan de Lugo unha provincia única.  É un dos eixos do 1º Plan Estratéxico de Turismo”

- “A día de hoxe colaboramos con máis de 70 citas desta índole nos municipios con máis de 330.000 euros. Somos a principal patrocinadora destes eventos, aínda non ser a institución coas competencias directas na materia, pois son da Xunta”

- “Pero este Executivo non mira cara outro lado porque para nós o primeiro é esta provincia e a súa xente. Aos feitos me remito para asegurar que estamos a cubrir o que outras administracións non fan pola provincia de Lugo. Nós non figuramos”

O Goberno converte á Deputación na principal patrocinadora da Feira Tradicional Outrora de Bóveda

ADeputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles LópezIzquierdo, e o Alcalde de Bóveda, José Manuel Arias López,presentaron este xoves a XVFeira Tradicional Outrora,que se celebra o 14 de xullo na parroquia de Rubián, en Bóveda. OGoberno Provincial converteu á Deputación na principalpatrocinadora deste cita, colaboran con 6.000 euros, unhademostración de forxa e unha actuación musical co Concello, queachega 3.000 euros. Á presentación, tamén se sumou o DelegadoTerritorial da Xunta, José Manuel Balseiro.

LópezIzquierdo explicou que participarán 50 profesionais do sectorartesanal, chegados de distintos puntos da xeografía galega, e querealizarán demostracións en vivo da talla de madeira, tornaría,tear, olaría tradicional, canteiría ou forza. Tamén haberá unharecreación etnográfica da malla, unha exhibición de vehículosantigos; varias actuacións musicais a cargo da Banda de Gaitas ePercusión Cántigas e Frores e da Asociación Fiandeiras Bolboreta;actividades para os máis pequenos, como obradoiros ou xogostradicionais; e unha degustación de isco no guizo. Noutras edicións,esta xornada reuniu a máis de 1.000 persoas.

Nestesenso, a Deputada apuntou que “colaboramos con este evento dentroda nosa aposta por potenciar cada un dos recursos dos nosos Concelloscomo un valor diferencial que nos converten nunha provincia única,que cambia de recuncho a recuncho, e que é capaz de ofrecer unhaoferta turística totalmente diferente. Precisamente, esta é unhadas liñas de traballo que define o primeiro Plan Estratéxico deTurismo na provincia, totalmente participativo, que fixemos dende oGoberno da Deputación, co obxectivo de xerar riqueza e dinamizar oemprego a través do turismo. Por este motivo, a día de hoxe,colaboramos con máis de 70 citas desta índole nos municipios,achegando máis de 330.000 euros. E facémolo sendo a principalpatrocinadora destes eventos, que son un revulsivo económico para osConcellos, aínda non ser a institución coas competencias directasna materia, pois estas son da Xunta de Galicia. Pero este Executivonon mira cara outro lado porque para nós o primeiro é estaprovincia e a súa xente. Aos feitos me remito para asegurar queestamos a cubrir o que outras administracións non fan pola provinciade Lugo. Nós non figuramos”.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000