Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

18/06/2017

A Deputación de Lugo convertese na principal patrocinadora do Trofeo Xacobeo Vila de Portomarín de Vela

O organismo provincial inviste 3.000 euros dos fondos provinciais nesta cita deportiva que se celebra esta fin de semana
A Deputación de Lugo convertese na principal patrocinadora do Trofeo Xacobeo Vila de Portomarín de Vela
O Goberno da Deputación colabora coa promoción da 14 edición do Trofeo Xacobeo Vila de Portomarín de Vela, que organiza o Clube Náutico desta localidade, cun investimento de 3.000 euros, converténdose na principal patrocinadora deste evento deportivo. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde participou na entrega dos trofeos aos vencedores, nos que tamén colaborou o organismo provincial coa doazón de 5 trofeos.Hai que remarcar que o Goberno da Deputación realiza unha achega anual de 200.000 euros aos diferentes clubs náuticos lucenses para gastos derivados da súa actividade competitiva. Nesta proba deportiva competiron 20 barcos, con 30 tripulantes, nas clases Snipe e Láser, e está enmarcada dentro do calendario oficial da Federación Galega de Vela, onde participan representantes de Galicia e de Portugal. A competición partiu dende o Clube Náutico de Portomarín, ao seu paso polo río Miño, e desenvolveuse durante toda a fin de semana; o sábado celebráronse tres mangas, e o domingo rematou este trofeo coa última das mangas previstas.

Imágenes

A Deputación de Lugo convertese na principal patrocinadora do Trofeo Xacobeo Vila de Portomarín de Vela2 A Deputación de Lugo convertese na principal patrocinadora do Trofeo Xacobeo Vila de Portomarín de Vela3

Ver más imágenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000