Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

17/06/2017

O Goberno da Deputación mellora as instalacións deportivas de Xove con 250.000 euros

- Este sábado tivo lugar a inauguración do campo de fútbol anexo ao municipal, que o Executivo Provincial dotou de herba artificial con 250.000 euros. Cada semana adestran nesta instalación 200 persoas, entre elas os xogadores da UD Xove Lago
- Campos Conde subliñou que “sen dúbida isto permitirá ao club seguir medrando coa creación de novos equipos de base. En efecto, cónstame que a vindeira tempada a UD Xove Lago estreará un equipo xuvenil, o que me enche de satisfacción”
- O Goberno da Deputación mellorou aos 3.400 veciños de Xove as súas dotacións públicas con máis de 600.000 euros do orzamento de 2016
O Goberno da Deputación mellora as instalacións deportivas de Xove con 250.000 euros
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este sábado o campo de fútbol de Xove anexo ao Municipal, que o Executivo Provincial dotou de herba artificial, con 250.000 euros. Trátase dun campo no que cada semana adestran e xogan 200 persoas, entre elas os integrantes da Unión Deportiva Xove Lago, equipo de fútbol que milita no Grupo 3 da Primeira División Rexional de Galicia.Campos Conde subliñou que “con esta nova dotación melloramos as instalacións deportivas de Xove, respondendo a unha petición dos veciños e do club mariñán, que a vindeira tempada contará cunhas instalacións de luxo. Sen dúbida isto permitirá á entidade seguir medrando coa creación de novos equipos de base, en efecto, cónstame que a vindeira tempada a UD Xove Lago estreará un equipo xuvenil, o que me enche de satisfacción”.O Presidente da Deputación subliñou que “con este novo campo de herba artificial contribuímos a incentivar a práctica deportiva en Xove, pois entre os nosos obxectivos atópase a promoción do deporte entre a mocidade, como aspecto fundamental dentro dun estilo de vida saudable”.Outros investimentosO Goberno da Deputación mellorou aos 3.400 veciños de Xove as súas dotacións públicas con máis de 600.000 euros do orzamento de 2016. Ademais dos 250.000 euros que o Executivo Provincial achegou para a dotación de herba artificial do campo de fútbol, outros 270.000 euros foron para o arranxo do firme de estradas municipais.Tamén se levaron a cabo melloras no alumeado público da Avenida Deputación para as que o Goberno da Deputación achegou máis de 20.300 euros. Consistiron na dotación de novo equipamento da que é unha das principais vías de comunicación do Concello, co que se reducirá en máis de 6.000 euros ao ano a factura municipal pola luz.Así mesmo, o Goberno achegou 20.000 euros para asumir o Servizo a Domicilio de 80 veciños deste Concello que non reciben nin un só euro por parte da Xunta porque non están catalogados como dependentes. Tamén levou outros 37.000 euros para a xeración de postos de traballo e reforzar as prestación públicas municipais co DEPUEMPREGO. É o plan de emprego do Executivo Provincial nos Concellos, que en Xove permite a contratación dun coidador para a Escola Infantil Municipal e dun administrativo para o servizo de inserción laboral no Consistorio.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000