Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

19/05/2017

O Goberno da Deputación celebra o Día Internacional dos Museos coa mostra de Luis Davila “O Bichero”

- Campos Conde inaugurou este xoves no Museo Provincial a mostra Humor do País, do ilustrador Luis Davila, enmarcada dentro da programación, que o Goberno da Deputación ofrece, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos
- O Presidente destacou “o labor que os traballadores da Rede Museística da Deputación, realizan durante todo o ano, para que as nosas salas expositivas e os nosos proxectos sexan únicos e recoñecidos dentro e fora de España”
- Obradoiros de memoria para maiores, espectáculos de marionetas para os pequenos, ou exposicións, son algunhas das actividades durante este mes nos 4 museos da Rede

O Goberno da Deputación celebra o Día Internacional dos Museos coa mostra de Luis Davila “O Bichero”

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao viñetista, Luis DavilaO Bichero”, e á Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentaron este xoves no Museo Provincial de Lugo, a mostra Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo na sala de exposicións temporais do museo. A colección do famoso viñetista, está enmarcada dentro da programación, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebra este 18 de maio.

Campos Conde subliñou que “temos o privilexio de contar con esta mostra do prestixioso ilustrador e humorista, Luis Davila “O Bichero”, que nos amosa, a sociedade actual dende o seu característico punto de vista e retranca. Quero aproveitar que hoxe celebramos o Día Internacional dos Museos, para agradecer o labor que os traballadores da Rede Museística da Deputación, realizan durante todo o ano, para que as nosas salas expositivas e os nosos proxectos sexan únicos e recoñecidos, dentro e fora de España.”

O Museo Provincial de Lugo, acolle 95 viñetas de Luis Davila, que versan sobre distintos temas de actualidade, como a sanidade, o turismo, a educación, ou a igualdade, entre outros. Este conxunto de obras, forma parte dunha exposición colectiva do debuxante e humorista galego, que reúne ilustracións do autor nos 4 museos da Rede Museística da Deputación. Ademais, durante a presentación de Humor do País, os participantes realizaron un obradoiro de viñetas impartido por Luis Davila.

Luis Davila
Luis Davila Malvido naceu en 1972, no Concello de Bueu en Pontevedra. Cursou estudos de Deseño Gráfico e Ilustración na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso, da Coruña. Traballou en diferentes axencias de publicidade e en 1997 entrou a formar parte da sección de deseño do xornal Faro de Vigo. Dende o ano 1998 publica en Faro de Vigo unha viñeta de humor diaria chamada “O Bichero”. Ten publicados seis libros recompilatorios. Na súa faceta como pintor, xa ten realizado máis dunha véntena de exposicións e no ano 2006 recibiu o 1º Premio da bienal Arte no Morrazo.

Programación
Museo Fortaleza San Paio de Narla
- O 20 de maio terá lugar a actividade Noite dos Museos, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que os rapaces realizarán actividades e pasarán a noite no museo.
- O 27 de maio ás 12:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.

Museo Provincial do Mar
- O 19 de maio ás 18:00 horas, presentación da exposición/obradoiro Humor do país, por Luis Davila.

Museo Pazo de Tor
- O 19 de maio ás 11:30 horas, obradoiro nós+outrxs en rede, con Violeta Bernardo, dirixido aos integrantes de Ágora-Monforte.
- O 20 de maio ás 11:00 horas, obradoiro A horta de Tor, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que plantarán produtos autóctonos, como tomates, pementos, ou patacas, entre outros.
- O 20 de maio ás 11:00 horas, obradoiro de Xogos tradicionais, dirixido ao Club Pequeamig@s, no que practicarán distintos xogos.
- O 25 de maio ás 16:30 horas, obradoiro de Álbum de Memoria, no que participarán os usuarios do xeriatrico do Concello de Monforte de Lemos, no que realizarán distintas actividades enfocadas en traballar a memoria.

ICOM
O Consello Internacional de Museos (ICOM) é unha organización internacional de museos e profesionais, dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intanxible. Creado en 1946, ICOM é unha organización non gobernamental (ONG), que mantén unha relación formal coa UNESCO e ten status de órgano consultivo do Consello Económico e Social das Nacións Unidas. Este ano o lema escollido polo ICOM Internacional, é Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos. Con esta iniciativa, o Consello Internacional dos Museos, busca que os Museos establezan un diálogo entre distintos interlocutores e exerzan un papel activo, e no seu caso reconciliador cos feitos e historias traumáticas, memorias feridas, do pasado.

Imáxenes

O Goberno da Deputación celebra o Día Internacional dos Museos coa mostra de Luis Davila “O Bichero”

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000