Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

17/05/2017

Presentacións de libros, conferencias e obradoiros, na Feira do Libro de Lugo, coa que colabora o Goberno da Deputación

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez; ao Vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xosé Antón Pedreira Mirás; e ao Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; inauguraron este martes na praza maior, a XXXV edición da Feira do Libro de Lugo. O Executivo Provincial colabora con esta cita cultural cunha achega de 3.000 euros á Federación de Libreiros de Galicia para a celebración das Feiras do Libro por toda a provincia. Ademais, durante toda a semana, o Goberno da Deputación, terá un stand con publicacións editadas polo Servizo de Publicacións, e a Fundación TIC, gravará a Feira para promocionar e difundir o evento por toda a provincia.

Este ano, a Feira do Libro de Lugo conta con 13 casetas de libreiros de Lugo e de distintos puntos de Galicia, ademais dunha programación para todas as idades, como presentacións de libros, obradoiros ou conferencias. O horario da feira é de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 horas ata o vindeiro 21 de maio.
Presentacións de libros, conferencias e obradoiros, na Feira do Libro de Lugo, coa que colabora o Goberno da Deputación

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000