Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

17/05/2017

O Goberno da Deputación leva ao Concello de Chantada o proxecto colectivo Nós+outrxs en rede

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este martes a mostra Nós+outrxs en rede, que estará exposta ata o 30 de maio, no auditorio municipal de Chantada. Fíxoo xunto ao Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela; e aos autores desta exposición colectiva, Elvira Fente, Violeta Bernardo, Carmen Porteiro, Julio Leira, Kristopher (Kris), Dios Barreiro, Crystilandia, Laura Varela, Lucía Vila e Cristina Basanta. Trátase dunha colección, que conta coa colaboración do municipio chantadino, na que participan 9 artistas que propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións arredor das problemáticas de xénero. Este proxecto colectivo, estivo exposto nos 4 museos da Rede Museística da Deputación; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Fortaleza de San Paio de Narla e do Mar, e contou con obradoiros impartidos polos propios artistas.
O Goberno da Deputación leva ao Concello de Chantada o proxecto colectivo Nós+outrxs en rede

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000