Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

21/04/2017

O Goberno da Deputación promove o hábito de lectura regalando máis de 2.500 exemplares polo Día do Libro

Trátase da iniciativa do Executivo Provincial co gallo do Día do Libro, na que se entregarán aos visitantes dos 4 museos da Rede Museística e da Capela de Santa María libros ata o 30 de abril

O Goberno da Deputación promove o hábito de lectura regalando máis de 2.500 exemplares polo Día do Libro

O Goberno da Deputación regalará libros dende mañá e ata o 30 de abril aos visitantes dos 4 museos da provincia; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María, para conmemorar o Día do Libro o vindeiro domingo.

Trátase da iniciativa do organismo provincial para fomentar e promover o hábito de lectura entre os veciños da provincia. En total, entregaranse máis de 2.500 libros editados ou cos que colabora o Servizo de publicacións do organismo provincial, de todo tipo de xéneros como literatura, poesía ou investigación, entre outros.

Como novidade respecto a outros anos, o Executivo Provincial distribuíu lotes de 35 exemplares ás 53 bibliotecas municipais e axencias de lectura coas que conta a provincia de Lugo. Ademais, a Sala do Obradoiro do Libro do Centro de Artesanía e Deseño acondicionouse para que a partir de agora os clubes de lectura lucenses conten cunha sala na que se poidan realizar conferencias, xornadas ou charlas dirixidas especialmente para este sector.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000