Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

21/04/2017

O Vicepresidente avanza nun pioneiro acordo con maderistas e eléctricas no uso das estradas provinciais

- Martínez chegou a un acordo con FEARMAGA, Fenosa, Gas Natural tras facelo antes co ENCE. A vindeira semana, manterá un encontro coa Asociación da Madeira de Lugo
- O tamén Deputado de Vías e Obras explicou os dous obxectivos deste acordo pioneiro no organismo provincial: conceder coa máxima axilidade os permisos legais necesarios para o uso seguro das vías públicas; e garantir a conservación das mesmas
- O Vicepresidente destacou que está a traballar noutro protocolo de actuación común que facilite tamén aos particulares o emprego das estradas provincias nestes eidos

O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Vías e Obras, Manuel Martínez Núñez, está a avanzar nun acordo pioneiro con maderistas e eléctricas con dous claros obxectivos: 1) conceder coa máxima axilidade os permisos legais necesarios para o uso seguro de estradas provinciais durante o desenvolvemento da actividade destes profesionais; e 2) garantir a conservación das vías tras a execución destes traballos.

Martínez xa chegou a un acordo coa Federación de Aserraderos e Rematantes de Galicia (FEARMAGA), Fenosa e Gas Natural tras varias reunións con representantes dos mesmo. En anualidades pasadas, o responsable de Vías e Obras xa acadou o consenso con ENCE. A vindeira semana, manterá unha xuntanza coa Asociación da Madeira de Lugo, co que xa está en contacto. O obxectivo do Vicepresidente é que o Goberno da Deputación asine un convenio de colaboración que aglutine a todos os profesionais do sectores da madeira e da electricidade co que fixar un protocolo de actuación común.

“O que buscamos dende o Goberno da Deputación é ofrecer todas as facilidades para que as empresas poidan, con toda a axilidade posible e máxima seguridade, traballar na nosa provincia, investindo polo tanto na mesma; favorecendo a súa labor mediante o emprego das estradas provincias”, explicou o Vicepresidente.

Este protocolo de actuación común no que avanza Martínez implica un único proceso para que as empresas leven a cabo a súa actividade en estradas provinciais, evitando constantes trámites por cada actuación. Para elo, a empresa comprométese ao depósito dun aval co que asegurar aos traballadores de posibles entidades subcontratadas e responder ante os danos que se puidesen ocasionar nas vías. A Deputación realizará levantamentos parciais de actas de execución, e non trámites individuais por cada acción. 

O Vicepresidente adiantou está a avanzar un protocolo común para facilitar do mesmo xeito traballos semellantes por parte de particulares.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000