Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

20/04/2017

O InLugo impartirá 36 cursos gratuítos de novas tecnoloxías a maiores da provincia no 2º trimestre do ano con 471 prazas

-Darío Campos dixo que “con estas actividades a Fundación TIC da Deputación presta un labor social e promove o envellecemento activo dos lucenses”
-Un taller sobre aplicacións para móbiles relacionadas con hábitos saudables e máis obradoiros para favorecer habilidades cognitivas e psicomotrices, entre as novidades do trimestre
-Os interesados xa poden inscribirse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186

O InLugo impartirá 36 cursos gratuítos de novas tecnoloxías a maiores da provincia no 2º trimestre do ano con 471 prazas

A Fundación TIC da Deputación, a través do InLugo, impartirá 36 cursos e obradoiros gratuítos de novas tecnoloxías para lucenses de máis de 55 anos no segundo trimestre de 2017. O Presidente, Darío Campos, presentou este xoves o programa de actividades, que suman un total de 471 prazas, da que 371 requiren inscrición previa.

Campos Conde, que estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afirmou que “con estas actividades, todas elas gratuítas, prestamos un labor social e promovemos o envellecemento activo dos lucenses, xa que o uso das novas tecnoloxías axudan á xente maior no benestar do seu día a día e facilitan a comunicación cos seus familiares e amigos”. Ademais, o Presidente anunciou que “algunhas das novidades deste trimestre están orientadas ao fomento da vida saudable e a favorecer habilidades cognitivas e psicomotrices”.

 Aberto o prazo de inscrición
No segundo trimestre de 2017 impartiranse 36 cursos e obradoiros na sede do InLugo. Para 30 deles, que suman un total de 371 prazas, é necesaria a inscrición. O prazo para apuntarse ábrese este mesmo xoves. Os interesados xa poden inscribirse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou chamando ao teléfono 982 225 186. Os outros 6 obradoiros serán de asistencia libre, cun máximo de 100 prazas en total.

Campos Conde subliñou que nos últimos trimestres cubríronse todas as prazas o primeiro día. “Para nós é unha gran satisfacción que o traballo que realizamos no InLugo se vexa recompensado pola alta demanda por parte dos nosos maiores”, apuntou.

Novidades do trimestre
Segundo anunciou o Presidente, este trimestre impartirase por primeira vez un obradoiro de aplicacións para smartphones, “especialmente as relacionadas cos hábitos saudables, como podómetros ou elaboración de receitas e menús para maiores, e incrementarase o número de cursos de exercicios mentais relacionados, sobre todo, coa memoria, a través do uso de tabletas, Wii e ordenador”.

Ademais avanzou , “retomaranse talleres que tiveron moi boa acollida no seu día como o uso da rede social Pinterest para compartir imaxes, e haberá obradoiros de retoque de fotos con aplicacións para móbiles e tabletas, xa que ata o de agora só se fixeran para ordenador”.

Por outra banda, “manteranse os talleres dos venres pola mañá, unha das novidades do primeiro trimestre deste ano, que tivo moi boa acollida entre os usuarios do InLugo. Son talleres nos que, ademais de repasar contidos, introdúcense novidades, en función das demandas dos participantes, como o emprego da banca móbil”.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000