Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

20/04/2017

O Presidente avanza a contratación dos centros de maiores de Meira e Navia de Suarna con case 3 millóns

- Campos Conde avanzou que están listas as propostas de adxudicación e que a semana próxima terán lugar as mesas da súa contratación definitiva, que implica un investimento de 1,6 millóns para a de Meira e de case 1,3 para a de Navia de Suarna
- En ambos os dous centros se poderán atender a 100 maiores, pois os proxectos contemplan 60 prazas nas residencias e 40 nos centros de día
- O Goberno da Deputación remite por segunda vez á Xunta a documentación para acadar os permisos de apertura do centro de maiores de Pedrafita do Cebreiro, onde se executan os últimos traballos de 6.000 euros para o revestimento do muro de peche

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este xoves sobre a contratación das obras de construción de centros de maiores públicos en Navia de Suarna e Meira con case 3 millóns de euros. Fíxoo na comisión técnica de SUPLUSA que tivo lugar na mañá de hoxe. Campos Conde avanzou que, avaliadas todas as ofertas presentadas e feitas as propostas de adxudicación, a vindeira semana terán lugar as mesas para a súa contratación definitiva.

Isto implicará un investimento de 1.639.000 euros para a residencia e centro de día público do Concello de Meira e 1.299.144 euros para a do Concello de Navia de Suarna. En ambos os dous centros públicos se poderán atender a 100 maiores, pois contemplan 60 prazas nas residencias e 40 nos centros de día. 

Meira
O centro da terceira idade de Meira situarase na rúa Grupo Escolar, no casco urbano, nunha finca de 3.312 metros cadrados,  dos cales 734 estarán destinados ao edificio. Segundo o proxecto, terá capacidade para atender a un máximo de 50 persoas. Contará con 30 habitacións individuais para residentes, así como 20 prazas no centro de día.

O edificio contará con tres plantas. Na baixa, situarase o vestíbulo, recepción, aseos adaptados, baños asistidos, despacho de dirección, sala de curas, rehabilitación, sala polivalente, sala de convivencia, sala de terapia, comedor, servizos de cociña, servizos de lavandería, vestiarios do persoal. Na planta 1º, o control de enfermería, baño xeriátrico e 14 habitacións con baño individual. Na 2º planta,  haberá un local de apoio e 16 habitacións con baño individual.

Navia de Suarna
O centro da terceira idade de Navia de Suarna situarase entre as avenidas de Galicia e Os Ancares. O edificio ocupará 452 metros cadrados. Segundo o proxecto, terá capacidade para un máximo de 50 persoas. Recolle a dotación de 24 habitacións para residentes, 18 individuais e 6 dobres. Son 30 prazas de residencia e 20 no centro de día.

O edificio contará con 3 plantas. Un baixo semi-soto con sala de caldeiras, almacén, lavandería, aseos, vestiarios, cociña e comedor. Na planta baixa, estará o vestíbulo, oficias de traballo, aseos, ximnasio, consulta médica, enfermería, sala polivalente e sala de usos múltiples. Na 1ª e 2ª planta estarán as habitacións.

Pedrafita do Cebreiro
Ao respecto doutros centros da terceira idade, Campos Conde informou que se están a finalizar as últimas obras do de Pedrafita do Cebreiro, pois execútanse os traballos de mellora da contorna do edificio. Son actuacións de tan só 6.000 euros, que consisten no revestimento de pedra do muro de peche do edificio.

O Presidente explicou que, tendo en conta o bo ritmo do conxunto dos traballos de construción desta residencia e centro de día público, así como a demora na consecución dos permisos legais necesarios para a súa apertura por parte da Xunta de Galicia; o organismo provincial solicitou estes permisos en decembro.

Tres meses despois (finais de marzo), a administración autonómica respondeu, non dando os permisos, senón requirindo modificación menores. Estas pasan por que as portas dos aseos abran cara a fóra e que o alumeado de emerxencia, xa instalado, figure textualmente na documentación do plan de emerxencia. A Deputación xa fixo os cambios e envioullos de novo á Xunta de Galicia para obter os permisos.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000