Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

20/04/2017

Deputación, Concello e Shantidi traen este venres a Lugo un conxunto de conferencias sobre cooperación e voluntariado

Sonsoles López,  Ana González, Teresa Vila e Miguel Martínez presentaron esta iniciativa, que terá lugar no Salón de Actos da Deputación a partir das 16:00 horas

Deputación, Concello e Shantidi traen este venres a Lugo un conxunto de conferencias sobre cooperación e voluntariado

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, e dous membros da Escola Shantidi, Teresa Vila e Miguel Martínez, respectivamente, presentaron este mércores no Salón de Plenos do Concello de Lugo, o ciclo de conferencias Cooperación e Voluntariado Local e Internacional: claves para dar o paso, que acollerá o Salón de Actos da Deputación este venres, 21 de abril, a partir das 16:00 horas.

Trátase dunhas conferencias que pretenden dar a coñecer as posibilidades que existen para canalizar a vontade de realizar labores de cooperación e voluntariado no entorno local e internacional. Así mesmo, preténdese orientar a aquelas persoas que, xa contando con experiencia nestas actividades, pretenden crear e impulsar novas organizacións e iniciativas. Ademais, queren divulgar que o voluntariado e a cooperación non soamente é unha actividade de axuda a persoas desfavorecidas senón que é unha experiencia enriquecedora profesional e persoal para quen a practica.

López Izquierdo fixo fincapé na importancia de que a poboación colabore para eliminar os desequilibrios e a desigualdades existentes. Ademais, o organismo provincial apoia esta iniciativa coa Fundación TIC, quen gravará este ciclo de conferencias. 

Pola súa parte, a edil agradeceu o traballo que realiza a Escola Shantidi, "por permitir á sociedade achegarnos ás experiencias do voluntariado e sensibilizarnos nesa materia, así como na materia de cooperación e abrir as mentes, porque mentres existan desigualddes non haberá unha sociedade xusta nin ingualitaria".

Por outra banda, Vila fixo un chamamento á cidadanía para asistir a estas conferencias e para unirse á causa altruísta do voluntariado e da cooperación.

O cartel das conferencias
Este ciclo de conferencias contará coas intervencións de Fátima Teixeiro, do servizo de participación e integración universitaria da USC, Jordi Gilalbert, biólogo e licenciado en filoloxía inglesa e voluntario internacional; Pedro Juiz, médico otorrino e membro da ONG Cirujanos del Mundo, Ramón Molinero, licenciado en ciencias económicas e empresariais e Lancy Dodem, primeiro apadriñado e voceiro da Fundación Vicente Ferrer en España. Ademais, participará a Concelleira de Benestar, Ana Abelleira, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, a Vicerreitora de Servizos Universitarios, Carme Silva, e membros da Escola Shantidi.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000