Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

19/04/2017

A Deputación colabora un ano máis co Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este martes a V edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que tivo lugar no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Fíxoo xunto ao Director do Festival Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez, ao Coordinador do Premio, Vítor Nieves, e ao Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. O organismo provincial colabora cunha achega económica de 2.000 euros para a celebración deste certame fotográfico.

O prazo de presentación das obras será do 19 de abril ao 15 de setembro e deberán enviarse por correo á Difusora de letras e ideas, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Rúa Bedoya, 5-1º drta. 32004 Ourense. Co proxecto fotográfico gañador producirase unha exposición temporal e realizarase a edición dun libro coa selección das mellores fotografías.
A Deputación colabora un ano máis co Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Información sobre el documento

Diputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000