Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

20/03/2017

Deputación e CB Breogán, unidos para por en valor a labor social de ALUCEM na provincia de Lugo

- Esta entidade sen ánimo de lucro traballa a través de talleres e cursos para mellorar a calidade de vida dos enfermos. Ademais contan con servizo de rehabilitación, traballo social e terapia ocupacional, así como asesoramento ás familias
- Rivera Capón subliñou que “en Galicia unhas 3.000 persoas sofren esclerose múltiple, unha enfermidade que afecta máis ás mulleres e empeza a manifestarse ao redor dos 25 anos. A nosa comunidade é a que sofre unha maior incidencia no país”
- O organismo provincial colabora coa Asociación Lucense de Esclerose Múltiple mediante unha axuda anual de 10.200 euros para levar a cabo un programa de atención integral aos afectados por esta enfermidade na provincia

Deputación e CB Breogán, unidos para por en valor a labor social de ALUCEM na provincia de Lugo

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Presidenta da Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM), Rachel Feliciano, e o Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare Rincón, presentou este luns unha nova campaña de concienciación social, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo club celeste e a Deputación para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

Rivera Capón subliñou que “o vindeiro encontro do CB Breogán estará dedicado a visibilizar a labor social de ALUCEM. En Galicia unhas 3.000 persoas sofren esclerose múltiple, das que máis de 400 son da provincia de Lugo, unha enfermidade que afecta máis as mulleres e empeza a manifestarse ao redor dos 25 anos. Dáse a circunstancia de que no noso país, a comunidade galega é a que conta coa maior incidencia desta enfermidade debido ás características do clima”.

Durante o encontro deste venres 24, que terá lugar ás 20:45 horas e que enfrontará ao CB Breogán e o Leyma Coruña, repartirase información entre os asistentes sobre a labor social que realiza ALUCEM na provincia de Lugo e ofrecerase a posibilidade de facerse socio da asociación. Esta entidade sen ánimo de lucro traballa a través de  talleres e cursos para mellorar a calidade de vida dos enfermos. Ademais contan con servizo de rehabilitación, traballo social e terapia ocupacional, así como servizo de información, orientación e asesoramento ás familias.

Outras colaboracións con ALUCEM
A Deputación colabora coa Asociación Lucense de Esclerose Múltiple mediante unha axuda anual de 10.200 euros para levar a cabo un programa de atención integral aos afectados por esta doenza. A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica do Sistema Nervioso Central que afecta a máis de 40.000 persoas en España.

Sonidos

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000