Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

18/03/2017

Novo éxito do MusicAD, coa actuación do grupo galés Alaw na Capela de Santa María

Novo éxito do MusicAD, coa actuación do grupo galés Alaw na Capela de Santa María

A capela de Santa María de Lugo foi novamente o escenario dun novo éxito de público, coas 200 entradas dispoñibles esgotadas, coa actuación do grupo galés Alaw, dentro dentro do ciclo MusicAD. Esta iniciativa, completamente gratuíta, que organiza o Goberno Provincial a través do CENTRAD achega 5 actuacións de música á Capela de Santa María dende o 4 ata o 25 de marzo.

Neste concerto, a formación galesa trasladou ao público lugués a unha viaxe musical a través da India, Bulgaria, pero, sobre todo, na súa actuación percibiuse a paixón polas vellas cancións de Gales. Desde a elegancia ao virtuosismo, Alaw reflicte unha empatía que vén de moitos anos de traballo conxunto, e da que o público asistente puido desfrutar.Esta formacióncomezou sendo un dúo entre Dylan Fowler e Oli Wilson-Dickson e, sempre que é posible, úneselles o seu colaborador habitual Jamie Smith, recoñecido acordeonista.

Dende o Goberno da Deputación apostamos por este tipo de actividades que achegan gratuitamente unha programación musical de primeiro nivel a todos os lucenses, e que axudan a fomentar e difundir o traballo dos artistas da provincia.  Na Capela de Santa María xa actuaron, a violonchelista lucense Rosa Cedrón, o grupo burelés Batuko,  Tabanka, o compositor Xosé Manuel Budiño, e este mesmo sábado o grupo Alaw, todas con cheo absoluto.

Próxima actuación
Para terminar a programación dos concertos do MusicAD da Diputación, a vindeira actuación será  o sábado 25 de marzo, coas actuacións de Davide Salvado e Pedro Pascual que interpretarán Lobos, o seu último traballo. As entradas para este novo evento musical xa se poden retirar totalmente de balde, a partir do domingo día 19, na Capela de Santa María.. Máis información no telefono 982 210 066.

Imáxenes

Novo éxito do MusicAD, coa actuación do grupo galés Alaw na Capela de Santa María

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000