Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

17/03/2017

A Capela de Santa María acolle mañá ao grupo galés Alawco MusicAD da Deputación

- Trátase da programación musical de primeiro nivel que o Goberno da Deputación puxo en marcha para ofrecer, durante o mes de marzo, actividades musicais gratis
-As entradas para asistir aos concertos son totalmente gratuítas e pódense recoller na propia Capela de Santa María. Máis información no 982 210 066
- O sábado 25 de marzo ás 20:30 horas para clausurar esta programación musical Davide Salvado e Pedro Pascual interpretarán o seu último traballo Lobos

A Capela de Santa María acolle mañá ao grupo galés Alawco MusicAD da Deputación

A Capela de Santa María acollerá mañá ás 20:30 horas o concerto do grupo galés Alaw, que se enmarca dentro do MusicAD. Trátase da programación musical totalmente gratuíta para os lucenses que o Goberno da Deputación decidiu por en marcha durante o mes de marzo na Capela de Santa María. As entradas para asistir aos concertos son totalmente de balde e pódense recoller na Capela de Santa María. Máis información no 982 210 066.

Mañá o grupo galés Alaw actuará na Capela de Santa María. Sobre a base dunha gran riqueza de experiencias musicais, Alaw envía ao seu público a unha viaxe musical a través da India, Bulgaria, pero, sobre todo, é percibida a paixón polas vellas cancións de Gales. Alaw comezou sendo un dúo entre Dylan Fowler e Oli Wilson-Dickson e, sempre que é posible, úneselles o seu colaborador habitual Jamie Smith, recoñecido acordeonista. Desde a elegancia ao virtuosismo, Alaw reflicte unha empatía que vén de moitos anos de traballo conxunto. Dylan e Oliver tocaron xuntos en Szapora e na orquestra Ian McMillan.

Último concerto
O sábado 25 de marzo para rematar a programación de concertos do MusicAD da Deputación, Davide Salvado e Pedro Pascual interpretarán Lobos, o seu último traballo. Davide Salvado é, sen dúbida, unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. Pedro Pascual (acordeón e cordas) é o produtor do último disco de Davide, Lobos. Na actualidade toca no grupo Talabarte e ten una ampla traxectoria en bandas tan coñecidas como Marful.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000