Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

16/03/2017

O Goberno da Deputación compromete o arranxo integral da vía de Friol a Parga, logo das melloras de 1 millón de euros

- Santos Ramos supervisou este xoves as obras de 208.000 euros que o Executivo Provincial está a executar nun treito de 3,4 quilómetros da LU-P-2101 
- O Deputado destacou que “levamos investido máis de 1 millón de euros no arranxo de 16 quilómetros desta vía, que empregan a cotío uns 10.000 veciños, une Friol e Guitiriz, conecta 10 parroquias e é o acceso desta zona á A-6” 

O Goberno da Deputación compromete o arranxo integral da vía de Friol a Parga, logo das melloras de 1 millón de euros

O Goberno da Deputación comprometeu o arranxo integral da vía LU-P-2101, de Friol a Parga, na que leva feito melloras por valor de 1 millón de euros. Así o avanzou este xoves o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, pois indicou que “levamos acondicionado 16 quilómetros desta vía, facendo un esforzo inversor de 1 millóns de euros. Este ano imos a mellorar outros 3 quilómetros, rematando co arranxo integral dunha estrada fundamental na Terra Chá. Pois emprégana a cotío máis de 10.000 veciños, une Friol e Guitiriz, é o principal acceso viario a 10 parroquias e núcleos rurais, ademais de ser o nexo da zona coa A-6”.

Santos Ramos supervisou hoxe os traballos que o Executivo Provincial executa nun treito de 3,3 quilómetros da LU-P-2101, concretamente entre os puntos quilométricos 5,940 e 9,300, con 208.000 euros. Este xoves aplicouse a primeira capa de aglomerado en quente para a rexeneración do firme e logo farase a sinalización horizontal e vertical. Ademais, executaranse melloras en 600 metros de cunetas con formigón para por fin ás acumulacións de auga que producían unha balsa nas beiras do vial. Os traballos rematarán previsiblemente a vindeira semana. Inclúense nas actuacións provinciais do POS 2016, que financia na súa totalidade a Deputación.  

Anteriormente, o Goberno Provincial mellorou 13 quilómetros desta vía. Fíxoo en dúas fases. Á primeira achegou 400.000 euros e á segunda 378.000 euros. As actuacións que supervisou este xoves o Deputado son as da terceira fase de 208.000 euros. Polo tanto, o investimento realizado ata o momento supera o millón de euros  e os quilómetros arranxados os 16. Este ano culminarase o arranxo desta vía, pois quedan 3 quilómetros, cun novo investimento por parte do Executivo da Deputación, que hoxe comprometeu e adiantou Santos Ramos.

Hai que ter en conta que a LU-P-2101 dá servizo a unha media de 10.000 usuarios, pois conecta Parga, Santa Lacaia de Parga, Seixón, Transmonde, Bra, Carlin, Roimil, Lea, Lamas ou Madelos. Une os Concellos de Friol e Parga. É acceso á A-6.

Imáxenes

O Goberno da Deputación compromete o arranxo integral da vía de Friol a Parga, logo das melloras de 1 millón de euros          2 O Goberno da Deputación compromete o arranxo integral da vía de Friol a Parga, logo das melloras de 1 millón de euros        3

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000