Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

15/02/2017

O Goberno da Deputación aplica a suba no salario mínimo interprofesional aos 15 mozos do obradoiro de emprego

- Trátase do Communitteando, que se rexe por directrices dun programa da Xunta que, aínda que non contempla a aplicación desta suba, o Executivo Provincial decidiu aplicala e incrementar os fondos para as remuneracións ata os 145.800 euros
- Santos Ramos mantivo hoxe un encontro cos participantes neste obradoiro de emprego xuvenil do Goberno da Deputación. Son rapaces lucenses de entre 18 e 30 anos que estaban no paro e que hoxe se forman como Community Manager
- Están a crear unha nova web e redes sociais para COGAMI Lugo, un espazo online para denunciar barreiras arquitectónicas e un blog sobre orientación laboral para persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión social

O Goberno da Deputación aplica a suba no salario mínimo interprofesional aos 15 mozos do obradoiro de emprego

O Deputado de Benestar, Álvaro Santos Ramos, mantivo este mércores un encontro cos 15 mozos lucenses que participan no obradoiro de emprego xuvenil, que o Goberno da Deputación puxo en marcha coa colaboración de COGAMI. Trátase do Communitteando, que se está a desenvolver nas instalacións de dito colectivo social na capital luguesa.

Este obradoiro defínese en base ao “Programa Mixto de Emprego e Formación da Comunidade de Galicia”, que elaborou a Xunta, fixando que os participantes sexan mozos parados inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil e que a remuneración para os mesmos o salario mínimo interprofesional.

En base a isto, no mes de setembro, o Goberno da Deputación decidiu celebrar un proceso aberto e público para a selección dos 15 mozos lucenses desempregados. Os beneficiados teñen entre 18 e 30 anos.

Agora, tras a aprobación no Congreso da suba do 8% no salario mínimo interprofesional, e, independentemente, de que o Goberno galego non contemple a súa aplicación neste programa, o Executivo Provincial decidiu aplicala, incrementado os fondos para o Communitteando. Este é de 145.800 euros para as remuneracións dos rapaces, pasando de percibir 650 euros mensuais a 707.

Obxectivo e traballos
O obxectivo que o Goberno da Deputación se fixo con este obradoiro é contribuír á inserción laboral dos rapaces nun dos nichos de emprego detectados na provincia, como son as TIC’s, así como avanzar no acceso universal ás instalacións públicas en colaboración con COGAMI.

Por este motivo, os 15 rapaces reciben formación remunerada no eido das Novas Tecnoloxías para especializarse sobre xestión de contidos, sistemas operativos, elementos da rede e aplicacións informáticas e microinformáticas. Podendo exercer, por exemplo, como Community Manager.

De feito, xa o están a facer coas prácticas que realizan hoxe, pois están creando a nova páxina web e redes sociais de COGAMI. Tamén desenvolven un espazo online para que os cidadán denuncien barreiras arquitectónicas na provincia de Lugo. O seu fin é que os veciños poidan trasladar de xeito inmediato, por exemplo, a través dos seus dispositivos móbiles, as dificultades de acceso coas que aínda se atopan moitos cidadáns. Ademais, crean un blog sobre orientación laboral, ferramentas de orientación, formación, contratación ou emprendemento, especialmente, dirixido a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000