Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

14/02/2017

O Goberno da Deputación amplía o único centro diúrno para discapacitados intelectuais da Mariña Occidental

- Santos Ramos e Loureiro García mantiveron este martes un encontro con usuarios de ASPANANE e xuntos supervisaron as obras de 35.000 euros do organismo provincial
- Estas actuacións servirán para que os 36 usuarios do Centro Ocupacional deste colectivo conten con novos servizos ao acondicionar una nave de 400 m2 en desuso
- Estas obras farán que ASPANANE, non só mellore as súas prestacións, senón tamén  que poidan continuar ofrecendo servizo ao adaptarse á nova normativa da Xunta

O Goberno da Deputación amplía o único centro diúrno para discapacitados intelectuais da Mariña Occidental

O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, mantiveron este martes un encontro con usuarios do Centro Ocupacional da Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais (ASPANANE), que se sitúa na localidade viveirense. Son as únicas instalacións na Mariña Occidental que prestan servizo diúrno a persoas con discapacidade intelectual. O Goberno da Deputación concedeu a este colectivo unha axuda de 35.000 euros para ampliar e mellorar dito centro, que actualmente atende a 36 veciños.

Santos Ramos e Loureiro García, acompañados pola Presidenta e Directora de ASPANANE, Mercedes Varela Bolón e Elena Santos, respectivamente, e por uns 30 usuarios, supervisaron as obras que xa se están a executar co orzamento concedido polo Executivo Provincial no Centro Ocupacional.

Este conta con 2 nave, unha delas actualmente sen servizos, nas que actúa o Goberno da Deputación para mellorar e ampliar as instalacións deste colectivo; así como para adaptalas ao novo Decreto 149/2013 que aprobou a Xunta de Galicia. Cómpre destacar que, en base a esta normativa, estas actuacións son necesarias para que ASPANANE cumpra coa mesma e poida continuar coa prestacións deste servizo único na Mariña Occidental, atendendo a familias de Ourol, Viveiro, O Vicedo, Xove e Foz.

Actuacións
Na nave que actualmente está en uso, estanse a levar a cabo traballos de mellora na fachada para pór fin ás filtracións de auga, pois había goteiras, mellorando o illamento.  Na outra infraestrutura, que agora mesmo non ten servizos, tamén se arranxará a fachada, ademais de realizar todas as actuacións necesarias para o acondicionamento do seu interior. Isto suporá que o Centro Ocupacional de ASPANANE gane 400 metros cadrados cos que ampliar as súas prestacións. Neste espazo situaranse salas de uso múltiples e descanso, aulas para a celebración de obradoiros, ademais das dependencias dos 18 profesionais que traballan neste colectivo (traballadores sociais, psicólogos, fisioterapeutas, persoal de cociña ou limpeza...). Todo isto, financiado na súa totalidade polo Goberno da Deputación con 35.000 euros.

Servizos de ASPANANE
A Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais conta cun total de 224 socios. Esta asociación ofrece servizos de Centro de Día (que ten 16 usuarios) e Centro Ocupacional (que ten 36 usuarios). Prestan servizo de atención e asesoramento a todas as familias que o necesiten; actividades deportivas, culturais ou lúdicas, como ximnasia ou canto; así como obradoiros de carpintería, serigrafía ou tampografía. 

Todo isto co fin de integral socialmente ás persoas con discapacidade intelectual. Neste senso, promoven variadas iniciativas coa colaboración de administracións como a Deputación e do tecido empresarial. Por exemplo, o Goberno Provincial financiou con máis de 1.800 euros talleres de Xornalismo e Deportes. ALCOA conta coa participación de usuarios de ASPANANE nos traballos de empaquetado de sobres; e Electrodomésticos Viveiro para a montaxe de pezas neste tipo de aparellos.   

Sonidos

Imáxenes

O Goberno da Deputación amplía o único centro diúrno para discapacitados intelectuais da Mariña Occidental        O Goberno da Deputación amplía o único centro diúrno para discapacitados intelectuais da Mariña Occidental           O Goberno da Deputación amplía o único centro diúrno para discapacitados intelectuais da Mariña Occidental

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000