Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

04/02/2017

Invidentes serán reporteiros gráficos no partido de hoxe do Breogán, que conmemora o Día Mundial Contra o Cancro

- Antes do inicio do terceiro cuarto do encontro, no Pazo dos Deportes levarase a cabo a gravación dun vídeo do novo ‘berro silencioso’ da Marea Celeste, promovido por ASORLU e coa colaboración da TIC da Deputación
- Estas accións enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

O encontro do Breogán deste sábado terá un compoñente social que vai moito máis aló do meramente deportivo. Antes de que comece o partido, e coincidindo coa conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro, haberá voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro nas portas do Pazo dos Deportes repartindo entre todos os asistentes un pack composto por unha mazá en unha bolsa colectora con información relativa á prevención e hábitos de vida saudables e aos programas e servizos gratuítos que a AECC realiza na provincia de Lugo.

Así mesmo, durante todo o encontro, os alumnos invidentes do programa de actividades de fotografía do Goberno da Deputaciónno Museo Provincial, chamadoFotografía:A CEGAS,exercerán, xunto aos seus monitores,de reporteiros gráficos, situándose diante do banco do Breogán e nas zonas habilitadas pola FEB.

A xornada arrancará para os alumnos do Fotografía a Cegas ás 17:00 horas no Museo Provincial. Ás 20:00 horas, rematarán as prácticas, exercendo de reporteiros gráficos durante o partido do Breogán. O resultado do seu traballo será exposto no Museo Provincial, na exposición que se inaugurará con motivo da celebración do 50 aniversario do CB Breogán. Tamén se publicará nas diferentes canles do club celeste e do organismo provincial, e será motivo dun dos artigos da revista dixital do Breogán.

E, finalmente, antes do inicio do terceiro cuarto do partido, levarase a cabo a gravación dun vídeo no que os membros da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) ensinarán a toda a afección celeste que se achegue ao Pazo o novo “berro silencioso” do Breogán para poder interpretalo todos xuntos para a gravación dun vídeo elaborado pola TIC da Deputación.

Estas accións enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000