Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

O Goberno da Deputación abre o luns o prazo de solicitude de 193 novos empregos en toda a provincia

- 34 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña, 40 da Comarca da Terra Chá, 50 na de Lugo, 16 na de Sarria, 3 na da Ulloa; 19 na da Montaña, 28 en Lemos e Chantada, e outros 3 con mobilidade pola provincia

- Son do “Ben Empregado 3, máis social”, de 2,3 millóns de euros. Con este orzamento, o Executivo Provincial financia durante 1 ano os custos laborais pola contratación de lucenses no paro en empresas e colectivos sen ánimo de lucro

- En empresas, faino nun 100% se os contratados son persoas con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables; e nun 50% se son desempregados en xeral

- En asociacións sen ánimo de lucro tamén asume todos os custos laborais dos novos traballadores para contribuír á actividade social que desempeñan na provincia

- Pódense consultar os perfís, prazos, documentación a presentar en www.deputacionlugo.gal no Boletín Oficial da Provincia de hoxe

rWImg_CorporacionGoberno

O Goberno da Deputación abre o luns o prazo de solicitude dos 193 postos de traballo para desempregados da provincia, que ofrece a través do “Ben Empregado 3, máis social”, que dotou de 2,3 millóns de euros. En www.deputacionlugo.gal e no BOP de hoxe están publicados os perfís laborais, así como a documentación necesaria a presentar para inscribirse nos mesmos. Pode facer ata o 3 de febreiro no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos ou nos das dependencias administrativas que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Trátanse dos 193 empregos que solicitaron as 178 empresas e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia, que resultaron beneficiadas das axudas do organismo provincial para a contratación de novos traballadores. Para a súa selección, o Executivo Provincial primou ás entidades de nova creación; ás impulsadas por mulleres, maiores de 45 anos ou por mozos de entre 16 e 35 anos. Tamén favoreceu ás entidades e colectivos que propuxeron contratacións indefinidas, cursos de formación, medidas de conciliación laboral ou melloras en canto aos convenios do sector dos traballadores.

O Executivo Provincial obriga ao cumprimento destas condicións, incorporando cláusulas sociais nos contratos dos traballadores. En caso de incumprimentos, as contratistas non recibirán a subvención correspondente. As empresas e colectivos terán que render contas ao Goberno da Deputación todos os meses para poden comprobar con documentación oficial que non se infrinxen as cláusulas sociais.

Financiamento dos custos laborais nun 100% ou nun 50%

As empresas que elixiron a opción do Goberno Provincial de contratar a lucenses no paro con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables (persoas con problemas físicos ou psíquicos, de etnia xitana, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou ex-drogodepentes) recibirán o 100% da axuda económica da Deputación, coa que financiar todos os custos laborais dos novos traballadores. Esta será dun máximo de 22.000 euros. Son 36 as entidades que optaron por esta liña. Son 39 os empregos que demandan.

Mentres, as empresas que optaron por contratar a desempregados da provincia en xeral, contarán co 50% do orzamento necesario para cubrir os custos laborais. Son 116 as que se decataron por esta liña. Demandan 126 empregos.

Os colectivos sen ánimo de lucro que resultaron beneficiados, que son 26, demandan outros 28 postos de emprego. Neste caso, o Goberno da Deputación decidiu financiarlles ao 100% os custos laborais dos novos traballadores, que sempre teñen que ser desempregados lucenses.

Cómpre subliñar, que o feito de que o Executivo Provincial decidise favorecer a contratación de persoas con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables, así como a actividade social de colectivos sen ánimo de lucro, foi unha das cuestións que motivou a COGAMI a conceder o seu premio anual co que recoñece o traballo e a implicación dunha soa institución de Galicia en prol da igualdade. O Goberno converteu á Deputación de Lugo na primeira institución en Galicia cun plan de emprego que financia ao 100% a contratación de persoas con capacidades diferentes.

Distribución dos empregos por zona

Dos 193 empregos que se demandan, 34 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña; 40 da Comarca da Terra Chá; 50 na de Lugo; 16 na de Sarria; 3 na da Ulloa; 19 na da Montaña; 28 en Lemos e Chantada, e, finalmente, outros 3 en toda a provincia, pois requírese mobilidade.

A Mariña

A distribución dos 34 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Mariña son os seguintes:

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Riotorto, 1 Xardineiro e 1 Técnico de Perruquería; na Pontenova, 1 Oficial de 2ª, 1 Oficial de 2ª de Carpintería Metálica, 1 Peón forestal, 1 Oficial de 2ª en Perruquería; en Ribadeo, 1 Cociñeiro, 1 Parrilleiro ou cociñeiro, 1 Dependente de atención ao público; en Trabada, 1 Oficial de 1ª Motoserrista, 1 Oficial de 1ª Operador de explotación forestal; en Barreiros, 1 Albanel Oficial de 1ª; en Foz, 1 Oficial de 1ª de Albanel, 1 Auxiliar administrativo; en Lourenzá, 1 Informador guía turístico, 1 Biólogo; en Mondoñedo, 1 Condutor funerario, 1 Mecánico, 1 Oficial de 3ª de Taller de Pedra natural, 1 Condutor de autobús, 1 Mecánico Oficial de 1ª; en Viveiro, 1 Auxiliar técnico en Topografía; en Xove, 2 Enxeñeiros en Camiños, Portos e Canles ou en Obras Públicas; en Cervo, 1 Técnico Forestal; e en Ourol, 1 Motoserrista.

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en A Pontenova, 1 Oficial de 2ª, 1 Peón forestal; en Ribadeo, 1 Gobernante de hotel; en Xove, 1 Enxeñeiro de camiños.

- En colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Ribadeo, 1 Coidador de persoas dependentes, 1 xardineiro, 1 Técnico administrativo; en Burela, 1 Técnico Superior en actividades físico-deportivas.

Lemos e Chantada

A distribución dos 28 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos das Comarcas de Lemos e Chantada son os seguintes:

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Bóveda, 1 Xefe de ventas; en Chantada, 1 Comercial de autoventa, 1 Community Manager, 1 Camareiro, 1 Cociñeiro, 1 Camareiro, 1 Repartidor de mercancía; en Monforte de Lemos, 1 Panadeiro, 1 Codificador de informática, 1 Camareiro, 1 Peón de construción; en Pantón, 1 Peón agrícola, 1 Peón gandeiro con Certificado de escolaridade; na Pobra do Brollón, 1 Repartidor, 1 Cociñeiro con FP; en Quiroga, 2 Auxiliar administrativo; en Ribas do Sil, 1 Axudante de camareiro; no Saviñao, 1 Axudante de cociña; en Sober, 1 Especialista; en Taboada, 1 Dependente para carnicería e reparto.

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Monforte de Lemos, 1 Peón forestal con Certificado escolar, 1 Camareiro; na Pobra do Brollón, 1 Condutor mecánico.

- En colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Chantada, 1 Coordinador de proxectos transmedia; en Monforte de Lemos, 1 Profesor de actividades artísticas e manuais, 1 Monitor de actividades físico deportivas con FP Superior; no Saviñao, 1 Licenciado en Historia.

Terra Chá

A distribución dos 40 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca da Terra Chá son os seguintes:

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Pol, 1 Contable financeiro, 1 Oficial de 1ª, 1 Comercial de seguros, 1 Oficial de 2ª; en Meira, 1 Enxeñeiro TEC Agrícola, 1 Cociñeiro, 1 Axudante de camareiros; na Ribeira de Piquín, 1 Operario de maquinaria forestal, 1 Auxiliar administrativo, 1 Camareiro; en Abadín, 2 Auxiliar de produción de viveiros; en Muras, 1 Axudante de cociña; en Castro de Rei, 1 Operario de industrias, 1 Enxeñeiro director de obras, 1 Cociñeiro, 1 Técnico director de obras; en Cospeito, 1 Pintor, 1 Oficial de 2ª; en Guitiriz, 1 Oficial de 2ª Perruquería; en Vilalba, 1 Auxiliar de caixa, 1 Auxiliar administrativo, 1 Peón mecánica; en Begonte, 1 Mecánico, 1 Oficial de 1ª.

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Abadín, 2 Auxiliares na produción de viveiros; en Castro de Rei, 1 Operario; en Cospeito, 1 Axudante de obrador, 1 Community manager, 1 xardineiro, 1 Camareiro, 1 Carpinteiro metálico, 1 Mozo de almacén; na Pastoriza, 1 Oficial de 2ª; en Vilalba, 1 Auxiliar de perruquería, 1 Community Manager; en Xermade, 1 Auxiliar administrativo.

- En colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Castro de Rei, 1 Auxiliar de Enfermaría; en Vilalba, 1 Director técnico deportivo.

Sarria

A distribución dos 16 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca de Sarria son os seguintes:

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: no Incio, 1 Oficial de 3ª, 1 Especialista en carpintería tradicional, 1 Especialista de oficio pedra granítica; en Láncara, 1 Axudante de camareiro, 1 Peón; en Paradela, 1 Camareiro; en Sarria, 1 Repartidor, 1 Enxeñeiro Técnico Industrial especialidade en electricidade electrónica, 1 Técnico responsable de proxectos; en Triacastela, 1 Técnico aplicador en control de pragas, 1 Carpinteiro metálico, 1 Camareiro de pisos.

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Sarria, 1 Administrativo, 1 Peón; en Triacastela, 1 Operario.

- En colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Sarria, 1 Operario de mantemento con certificado escolar.

Comarca de Lugo

A distribución dos 50 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca de Lugo son os seguintes:

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Castroverde, 1 Carpinteiro, 1 Oficial de Masa; en Lugo, 1 Auxiliar administrativo, 1 Condutor almaceneiro, 1 Asistente de limpeza, 1 Recepcionista, 1 Cociñeiro ou reposteiro, 1 Comercial de seguros, 1 Comercial de material de papelería, 1 Repartidor, 1 Responsable de administración, 1 Coordinador de proxectos, 1 Mecánico automóbil, 1 Auxiliar administrativo, 1 Motoserrista forestal, 1 Perruqueiro, 1 Persoa de mantemento, 1 Titulado Grado medio, 1 Veterinario, 1 Dependente; no Corgo, 2 Peóns, 1 Camareiro; en Outeiro de Rei, 1 Peón de taller; en Portomarín, 1 Limpador.

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Lugo, 1 Entrevistador comercial, 1 Oficial administrativo, 1 Axudante de tinturaría, 1 Técnico Superior en marketing e publicidade, 1 Licenciado en ADE, 1 Recepcionista, 1 Técnico de prevención, 1 Community Manager, 1 Limpador, 1 Técnico Informática, 1 Monitor de tempo libre, 1 Dependente, 1 Auxiliar administrativo; en Outeiro de Rei, 1 Operario auxiliar mecánico.

- En colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Castroverde, 1 Técnico asesor con estudos de enxeñaría agrónoma; en Lugo, 1 Técnico en explotacións gandeiras, 1 Xestor de contidos dixitais e imaxe, 1 Administrativo Diplomado en Relacións Laborais ou Grao, 1 Educador Social, 1 Reporteiro informativo, 1 Técnico de Medio ambiente, 1 Coordinador/Asesor técnico laboral Diplomado en empresariais, 1 Traballador social, 1 Enxeñeiro técnico agrícola, 1 Traballador Social; en Outeiro de Rei, 1 Operario para mantemento de parque zoolóxico.

Ulloa

A distribución dos 3 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca de Lugo son os seguintes:

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Monterroso, 1 Camareiro de pisos, 1 Oficial de 1ª; en Palas de Rei, 1 Cociñeiro técnico superior en restauración.

Montaña

A distribución dos 19 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos Concellos da Comarca da Montaña son os seguintes:

- En empresas que optaron pola contratación de desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: na Fonsagrada, 1 Axudante de camareira, 1 Carniceiro, 1 Comercial, 1 Camareiro, 1 Axudante de cociña, 1 Axudante de camareiro/cociña, 1 Camareiro, 1 Administrativo, 1 Enfermeiro; en Baralla, 1 Axudante de carnicería; en Cervantes, 1 Xefe de oficina e proxectista con Graduado en Artes aplicadas, Titulado superior en Deseño de interiores, Técnico Deseño gráfico; en Navia de Suarna, 1 Camareiro; nas Nogais, 1 Camareiro; en Pedrafita do Cebreiro , 1 Operario de mantemento; no Folgoso do Courel, 1 Axudante de cociña.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000