Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

11/01/2017

Ante as mentiras e o descoñecemento do PP sobre o Parque Móbil, o Goberno da Deputación explícalle o seu funcionamento

O Partido Popular debería saber que os días 16, 17, 18, 19, 20, 21 ou 22 de decembro, os traballadores do Parque Móbil actuaron en estradas de MONDOÑEDO, Castro de Rei, Cospeito e Viveiro

Ante as mentiras e  o descoñecemento sobre o Parque Móbil amosado publicamente polo Partido Popular, o Goberno da Deputación explícalle o seu funcionamento:

1.- O Goberno progresista da Deputación remodelou o Parque Móbil Provincial para que dende este departamento se melloren con todos os seus medios humanos e materiais tanto as estradas provincias como municipais, aforrando custos correntes á propia institución e aos Concellos.

2.- Tendo en conta que a época estival é unha das máis idóneas para realizar estes traballos debido ás condicións climatolóxicas, os profesionais desta área aceptaron repartir durante o ano os días que por lei lles corresponde descansar, intensificando a súa actividade durante o verán.

Neste senso, o Executivo Provincial quere agradecer de xeito especial aos traballadores do Parque Móbil o seu compromiso coa labor que desempeñan dende a Deputación de Lugo, pois non están obrigados a distribuír as súas vacacións nin a adaptalas á intensidade de traballo no organismo provincial.

3.- É durante o inverno cando estes profesionais aproveitan para descansar, pois as condicións climatolóxicas adoitan ser máis adversas e impiden actuar nas vías. Por exemplo, como todos os anos, algúns profesionais descansaron durante o Nadal.

4.- Con todo, ningunha área provincial pode quedar desatendida polo que seus os profesionais non descansar no mesmo período. DE FEITO, OS DÍAS 16 DE DECEMBRO (ao que fixo alusión o PP), ASÍ COMO OS DÍAS 17, 18, 19, 20, 21 OU 22, OS TRABALLADORES DO PARQUE MÓBIL ACTUARON EN ESTRADAS DO CONCELLO DE MONDOÑEDO, TAL COMO DEBERÍA SABER A ALCALDESA DESTE MUNICIPIO E MÁXIMA REPRESENTANTE DO PP NA PROVINCIA DE LUGO. Tamén traballaron en vías dos municipios de Castro de Rei, Cospeito e Viveiro.

5.-Os traballadores do Parque Móbil aproveitan os días nos que o tempo non permite levar a cabo actuacións nas estradas para acometer labores de mantemento e posta a punto da maquinaria, así como funcións administrativas, que tamén teñen que realizan como calquera traballador dunha institución pública. Por exemplo, durante o Nadal realizaron os procedementos públicos obrigatorios para poder adquirir dúas cubas, onde depositar os materiais necesarios para o arranxo de estradas.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000