Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

11/01/2017

O Goberno da Deputación financia na Terra Chá con 456.000 euros 63 actuacións en impulso ao sector primario e ao rural

- Fíxoo en núcleos rurais de 11 Concellos da Terra Chá, aos que pertencen os colectivos veciñais, beneficiados das axudas do plan de impulso ao rural e ao sector primario
- Estas 63 actuacións consistiron na recuperación de terras abandonadas, con 19 axudas; acondicionamento de invernadoiros, con 11 axudas; mellora en accesos públicos, con 13 axudas;  melloras en traídas de auga, con 9 axudas e de centro sociais con 16 axudas

O Goberno da Deputación financiou da Terra Chá con 391.000 euros un total de 63 actuacións, que favorecen a actividade agrogandeira e a vida en pequenas localidades. Fíxoo en núcleos rurais de 11 Concellos desta Comarca, aos que pertencen os colectivos veciñais que resultaron beneficiados das axudas do plan de impulso ao rural e ao sector primario. Estes municipios son os de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, A Pastoriza, Pol, Ribeira de Piquín, Vilalba e Xermade.

O número de actuacións (63) é o mesmo que o de axudas económicas concedidas a outras tantas asociacións de veciños da Terra Chá, que participaron no proceso público de concorrencia competitiva e aberto a toda á cidadanía, posto en marcha ao abeiro de dito plan. A finalidade destas subvencións foi a seguinte:

- Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. Concedéronse 19 axudas duns 49.165 euros para a recuperación de terras abandonadas, que agora están en produción. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

- Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 6 axudas de 30.250 euros para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

- Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 13 axudas de 140.761 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

- Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 9 axudas de 171.680 euros para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

- Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 16 axudas de 64.136 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

Distribución por Concellos
O Goberno da Deputación achegou á Terra Chá 455.993 euros, que representan máis do 20% dos fondos do seu plan de impulso ao rural e ao sector primario. Por Concellos, este orzamento distribúese do seguinte xeito: 

  • En Abadín o Goberno da Deputación investiu un total de 11.966 euros en 2 axudas: 1 para a creación de invernadoiros, con 5.500 euros; e 1 para restauración de locais sociais, de 6.466 euros.
  • En Begonte o Goberno da Deputación investiu un total de 14.750 euros en 2 axudas: 1 para para a creación de invernadoiros, con 2.750 euros; e 1 para melloras en accesos, con 12.000 euros.
  • En Castro de Rei o Goberno da Deputación investiu un total de 14.745 euros en 4 axudas: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 1.595 euros; 1 para melloras en accesos, con 12.000 euros; 1 para equipamentos en centros sociais, con 750 euros; e 1 para restauración de locais sociais, con 400 euros.
  • En Cospeito o Goberno da Deputación investiu 2.900 para equipamentos en centros sociais.
  • En Guitiriz o Goberno da Deputación investiu un total de 102.760 euros en 11 axudas: 5 para a recuperación de terras abandonadas, con 20.070 euros; 2 para melloras de invernadoiros, con 11.000 euros; 2 para melloras en accesos, con 23.997 euros; e 2 para traídas de auga con 47.693 euros.
  • En Meira o Goberno da Deputación investiu un total de 35.815 euros en 3 axudas para melloras en accesos públicos.
  • Na Pastoriza o Goberno da Deputación investiu 34.666 euros en 7 axudas: 3 para a recuperación de terras abandonadas, con 4.368 euros; 1 axuda para melloras de invernadoiros, con 5.500 euros; 1 para traídas de auga, con 10.000 euros; 1 para equipamentos en centros sociais, con 2.850 euros; e 1 para restauración de locais sociais, con 11.948 euros.
  • Pol o Goberno da Deputación investiu un total de 127.285 euros en 12 axudas: 5 para a recuperación de terras abandonadas, con 5.642 euros; 2 para melloras en accesos públicos, con 17.654 euros; e 5 para traídas de auga, con 103.989 euros.
  • En Ribeira de Piquín o Goberno da Deputación investiu un total de 21.997 euros en 2 axudas: 1 para melloras en accesos públicos, con 11.998 euros; e 1 para traídas de auga, con 9.998 euros.
  • En Vilalba o Goberno da Deputación investiu un total de 63.019 euros en 13 axudas: 2 para a recuperación de terras abandonadas, con 6.950 euros; 1 para a creación dun invernadoiro, con 5.500 euros; 3 para melloras en accesos públicos, con 27.296 euros; 6 para equipamento en centros sociais, con 15.653 euros; e 1 para restauración de locais sociais, con 7.619 euros.
  • En Xermade o Goberno da Deputación investiu un total de 26.090 euros en 6 axudas: 3 para a recuperación de terras abandonadas, con 10.540 euros; 2 para equipamentos de centros sociais, con 3.550 euros; e 1 para restauración dun local social, con 12.000 euros.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000