Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

09/01/2017

O Goberno da Deputación financia con 2,2 millóns 311 actuacións nos 67 Concellos para impulsar  o sector primario e o rural

- O Executivo rematou este luns a resolución das subvencións de concorrencia competitiva para colectivos veciñais do plan de impulso ao rural e ao sector primario
- 65 actuacións en terras abandonadas coas que se puxeron en produción 520 hectáreas, 31 en embarcacións de baixura, 17 en viñedos, 28 en hortas, 65 en accesos públicos, 44 en traídas de auga e 61 en centros sociais
- Recibidas outras 500 solicitudes para as novas axudas de 2,2 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno da Deputación para favorecer a vida no rural e do rural

O Goberno da Deputación financia con 2,2 millóns 311 actuacións nos 67 Concellos para impulsar  o sector primario e o rural

O Executivo Provincial rematou este luns na Xunta de Goberno coa resolución do plan de impulso ao rural e ao sector primario, dotado de 2,2 millóns de euros. Con este orzamento, o Goberno da Deputación financiou 311 actuacións, que favorecen a actividade agrogandeira e a vida en pequenas localidades dos 67 Concellos lugueses.

Foron outras 311 as subvencións concedidas a colectivos veciñais de toda a provincia, que participaron nun proceso público de concorrencia competitiva aberto a toda á cidadanía. A súa finalidade foi a seguinte:

- Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. 65 axudas duns 230.000 euros foron para a recuperación de terras abandonadas, que serviron para pór en produción preto de 520 hectáreas que estaban baldías. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

- Impulso ao sector pesqueiro contribuíndo á pesca de baixura. 31 axudas de case 90.000 euros foron para melloras en embarcacións de pesca de baixura e dotación de novo equipamento.  

- Impulso ao sector vitivinícola coa mellora de viñedos. 17 axudas de 88.800 euros foron para o acondicionamento de viñedos.

- Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 28 axudas de 126.600 euros foron para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

- Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 65 axudas de 724.400 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

- Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 44 axudas de 603.000 euros foron para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

- Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 61 axudas de 323.450 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

Outras 500 solicitudes
Os técnicos provinciais están a avaliar preto doutras 500 solicitudes, que remitiron á Deputación outros tantos colectivos veciñais da provincia que concorren ás novas axudas tamén de 2,2 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno Provincial para levar a cabo máis melloras de servizos públicos en pequenas localidades dos 67 Concellos, que favorezan a vida no rural e do rural.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000