Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

09/01/2017

Pilar García Porto entrega en Mondoñedo os premios de poesía da V Edición Leiras Pulpeiro de Mondoñedo que financia a Deputación

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto entregou esta mañá os premios de poesía da V Edición Leiras Pulpeiro de Mondoñedo que financia integramente a Deputación con 3.000 euros. Nesta nova edición a obra gañadora foi para “De Tacto”, de Míriam Ferradás. O segundo premio recaeu na obra titulada “ Regreso a Ítaca” de Modesto Fraga Moure ; e o terceiro premio foi para Xosé Antón Fortes co titulo, “Ofelia sen dó”. A Deputada agradeceu o traballo dos autores e emprazounos a seguir traballando, escribindo e publicando. “Hoxe a memoria e a obra de Leiras Pulpeiro segue vixente, grazas á xente coma vós”, explicou. García Porto lembrou tamén que esta mesma semana o organismo provincial publicou as subvencións da Area de Cultura para asociacións; en Mondoñedo beneficiáronse 13 asociacións para realizar 16 eventos, e contan cun orzamento total de 10.000 euros. E no que respecta á Comarca da Mariña concedéronse 137 axudas por un importe total de preto de 90.000 euros, para un total de 91 colectivos.
Pilar García Porto entrega en Mondoñedo os premios de poesía da V Edición Leiras Pulpeiro de Mondoñedo que financia a Deputación

Imáxenes

Pilar García Porto entrega en Mondoñedo os premios de poesía da V Edición Leiras Pulpeiro de Mondoñedo que financia a Deputación

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000