Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Actualidad

20/12/2016

1ª acción social da Deputación co Breogán: encontro con nenos da Planta Infantil do HULA

- Os integrantes da plantilla, xunto ao corpo técnico e preparadores, así como o responsable provincial da área de Deportes entregaron varios agasallos a cada un dos nenos e nenas ingresados no hospital lucense
- Esta iniciativa enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto

1ª acción social da Deputación co Breogán: encontro con nenos da Planta Infantil do HULA

A Deputación vén de celebrar 1ª acción social co Club de Baloncesto Breogán, nun encontro con nenos da Planta Infantil do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), no que participaron os xogadores do club celeste e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón. Esta é a 1ª das accións enmarcadas no contrato de patrocinio que a Deputación de Lugo asinou coa entidade deportiva.

No encontro, participaron dezaoito nenos e nenas con diferentes patoloxías que puideron coñecer aos xogadores do club. Ademais, os cativos recibiron como agasallos mochilas; un balón de baloncesto, pulseiras e algún xogo. Rivera Capón destacou que “esta é a primeira dunha longa lista de accións sociais que a Deputación promoverá a partir de agora da man do club celeste”. Pola súa banda, os xogadores do Breogán transmitiron a súa forza e alento aos rapaces e estes devolvéronlles o seu mellor sorriso.

Contrato de patrocinio
A Deputación e o CB Breogán acordaron impulsar o fomento de valores sociais a través do deporte. Para iso, cederanse gratis 15.000 entradas aos partidos do Breogán a colexios públicos, asociacións sen ánimo e colectivos de persoas con capacidades diferentes da provincia; haberá visitas guiadas aos adestramentos do Breogán, que tamén se levarán a distintos lugares públicos do rural lugués; organizaranse actividades sociais como visitas dos xogadores aos colexios, centros de maiores, centros de saúde, hospitais, especialmente, ás unidades onde hai nenos...; haberá partidos con fins benéficos, nos que se recadarán fondos para colectivos sociais; así como encontros mixtos con xogadoras da provincia; celebraranse charlas sobre o deporte como elemento de inclusión social... O equipo participara de xeito activo en campañas contra a violencia de xénero, loita contra o cancro, días solidarios ou de conmemoración, etcétera.

Imágenes

1ª acción social da Deputación co Breogán: encontro con nenos da Planta Infantil do HULA

Ver más imágenes

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000