Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

28/09/2016

O Goberno da Deputación inxecta outros 3,2 millóns de euros na provincia

O Executivo Provincial levou ao Pleno unha modificación de crédito para novos investimentos nos Concellos e colaborar co Breogán e CD Lugo

O Goberno da Deputación levou ao Pleno deste martes unha proposta de modificación de crédito para inxectar outros 3,2 millóns de euros do Orzamento 2016 na provincia, que acadou a unanimidade. Trátase dun investimento, principalmente, adicado a novas melloras nas prestacións públicas de Concellos de toda a provincia, así como ás axudas correspondentes para o C.B. Breogán e o C.D. Lugo, que o Executivo Provincial sempre garantiu, pois os restantes entidades e clubs deportivos lugueses xa contan con axudas de 900.000 euros a través das subvencións de concorrencia competitiva e non competitiva, xa aprobada e pendentes da súa próxima resolución. 

Os 3,2 millóns de euros son para as seguintes actuacións:
Navia de Suarna - Mellora de camiños municipais, equipamentos deportivos e sinalización informativa de interese xeral 119.000 euros

Pantón - Mellora de instalacións de abastecemento de auga potable 60.000 euros

Láncara - Acceso en Vilarello, Armeá de Abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Bustocedrón, Armada, Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos, Monseiro e instalación de báscula de pesada 150.000 euros

Begonte - Rehabilitación da Casa do Concello 72.059,58 euros

Ribeira de Piquín - Creación de centro de día de persoas maiores en edificción dotacional existente 68.750 euros

Cospeito - Abastecemento de auga aos barrios de Descabo, O Sumeiro, Millarada, Barrio de Toxal, Ponte, Vilar, O Calvario, Sixto, Rego, Granadela, Casás e Santalla         481.741,45 euros
Trabada - Acondicionamento da vía de comunicación entre as parroquias de Fórnea, Vidal e Valboa  150.000 euros

Cervantes - Acondicionamento de vías municipais Sevane-Quindous e Cabanas Antiguas, Mellora viario municipal en Degrada e Vilar de Mouros; limpeza e mantemento da rede viaria municipal 125.000 euros

Alfoz - Mellora de depósitos de auga de Adelán e mellora na estación tratamento auga potable de Alfoz; camiños forestais en Oiras, Pereiro, Lagoa, Castro, Carballido e Bacoi 150.000 euros

Lourenzá - Acondicionamento camiño a Zapateira a San Adriano (Incluso honorarios proxecto) 150.394,20 euros

O Valadouro - acondicionamento vías municipais, auditoría enerxética, levantamento topográfico rede abastecemento de auga, equipamento centro de formación, mobiliario e ferramentas 113.472,38 euros

Ourol - Mantemento e mellora de pistas municipais, reparación de pista polideportiva e accesos exteriores, substitución canalón da Casa Consistorial 144.080,52 euros
Becerreá - Demolición antiga escola fogar 103.679,71 euros

Ribadeo - Melloras no auditorio municipal (cuberta, humidades e sistema eléctrico) 60.000 euros

Sarria – Construción da Ponte Ribeira, traslado e instalación de transformadores eléctricos para a piscina municipal e reestruturación da rede informática do Concello de Sarria 208.000 euros

Pedrafita do Cebreiro – Adquisición dun tractor quitaneves e dúas rozadoras e realización do XXVIII certame exposición de gando vacún 120.000 euros

Campus de Lugo – 40.000 euros

Club Baloncesto Breogán SAD e Club Deportivo Lugo SAD – 708.000 euros
Enerxía, transferencias de capital a Concellos – 219.064,72 euros

Feiras, Fundación Feiras e Exposicións – 7.500 euros

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000