Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

29/03/2016

Aprobado o presuposto do Goberno de 96,3 millóns para emprego, políticas socias e infraestruturas nos 67 Concellos

- Mantéñense as liñas xerais que o Presidente presentou no Parlamento e, polo tanto, as prioridades dos lucenses, investindo 20 millóns para emprego, 15 millóns para infraestruturas e 11,2 millóns para políticas sociais
- Comprométense as residencias e centros de día públicos de Portomarín, Folgoso do Courel e Becerreá, que se engaden ás da Fonsagrada, Castroverde, Trabada, Pol, Pedrafita, Ribas de Sil, Navia de Suarna, Guitiriz, Meira e O Saviñao, xa presupostadas
- Adícanse 7 millóns a infraestruturas nos 67 Concellos: 1,5 millóns para actuacións comprometidas polo Presidente a Alcaldes e Voceiros de 9 municipios; 2,1 para os 17 que deixou o anterior Goberno Provincial e máis de 3 para o resto de Concellos lugueses

Aprobado o presuposto do Goberno de 96,3 millóns para emprego, políticas socias e infraestruturas nos 67 Concellos

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes a proposta do Goberno Provincial de Orzamento para 2016 e incorporación remanentes ao mesmo, que ascende a 96,3 millóns de euros, dirixidos, na súa totalidade, a políticas de emprego, políticas sociais e infraestruturas nos 67 Concellos lucenses.

O orzamento consolidado para este ano, que ascende a 88.307.166 euros, foi aprobado coa maioría simple dos Deputados do PSOE e BNG, pois os do PP ausentáronse durante a votación, e o Deputado non adscrito votou en contra. Os remanentes, que suman 8.018.656 euros, foron aprobados cos votos de PSOE, PP e BNG, e co voto en contra do Deputado non adscrito. A suma de ambas as dúas cantidade supón que a Deputación de Lugo conte este ano cun orzamento de 96.325.822 euros. Con respecto ao 2015, os investimentos reais aumenten en 16,6 millóns de euros grazas á débeda cero que ten o organismo provincial.

Ao respecto das emendas, que centrou o debate do PP e do Deputado non adscrito, cómpre salientar que é o Presidente, como responsable legal da proposta de orzamento, o que ten a potestade legal de decidir se se aceptan ou non. Con todo, a maiores Campos Conde quixo celebrar unha Comisión Informativa, coa presenza da voceira do PP e do Deputado non adscrito, na que os propios técnicos da Deputación valorasen as emendas. Estes concluíron que non se axustan á legalidade, non cumpren co límite temporal de presentación, invaden competencias da Presidencia ou infrinxen as liñas xerais do Orzamento presentadas no Parlamento galego. Por exemplo, tentando reducir os fondos para políticas de actuación nos 67 Concellos, coa supresión do plan de mellora de traídas de auga e camiños municipais ou co recorte en 1,3 millóns de euros da programación de mellora das estradas provinciais, entre outras; en beneficios duns poucos municipios.  

Emprego para os veciños dos 67 Concellos con preto de 20 millóns
A débeda cero da Deputación de Lugo permitiu ao Goberno Provincial incrementar todas as partidas para políticas de actuación en resposta ás prioridades que sinalaron os lucenses durante a elaboración dos Primeiros Presupostos Participativos dunha Deputación en España, e que tivo a de Lugo no 2015. Estas prioridades son: emprego, infraestruturas e políticas sociais. Deste xeito, o investimento de emprego para os veciños dos 67 Concellos da provincia ascende aos case 20 millóns de euros:

- 6,5 millóns de euros para novos plans de emprego dirixidos aos veciños dos 67 Concellos da provincia.
- 2 millóns de euros da Unión Europea, que o Goberno Provincial da Deputación foi capaz de captar recentemente para a posta en marcha do primeiro plan de emprego xuvenil participativo na provincia: LUGOWORK, dirixido a lucenses desempregados de entre 18 a 30 anos. (Novos fondos que se incorporan ao Orzamento de 2016)
- 10,5 millóns de euros que se están a executar para a contratación de máis de 500 lucenses que estaban no paro en empresas e entidades da provincia a través do Ben Empregado. (Fondos do 2015 que se seguen a executar no 2016 ao continuar o Ben Empregado)
- 525.000 euros para a posta en marcha do primeiro Centro de Recría de gando vacún público en España, que xerará 20 empregos.
- 363.300 euros para a posta en marcha de 6 residencias e centros de día públicos, que xerarán un mínimo de 60 empregos. Son os centros para maiores de Castroverde, A Fonsagrada, Pol, Trabada, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil.

Mellora das infraestruturas nos 67 Concellos, case 15 millóns de euros
- 7,6 millóns de euros para os 4.200 quilómetros da rede viaria provincial.
- 5,7 millóns de euros para o POS. Triplícase a achega da Deputación para obras municipais nos 67 Concellos con respecto ao ano pasado. 13 Deputados aprobaran no Pleno duplicala e non triplicala, recortando en 900.000 euros a achega municipal.
- 1,5 millóns de euros para traídas de auga e camiños dos 67 Concellos.

Políticas sociais para os 67 Concellos, 11,2 millóns de euros
- 1,5 millóns de euros para as Axudas ao Fogar. Increméntase en 300.00 euros.
- 335.380 euros para o servizo de Teleasistencia. Para os Concellos terá custo cero. Tamén se incrementarán o número de ususarios se a Lei o permite.
- 200.000 euros para a residencia de Ribadeo, que poderán ascender aos 700.000 se a Xunta non cumpre co seu compromiso, tal e como se comprometeu a facer o Presidente coa Plataforma Veciñal en defensa desta dotacións, así como cos representantes da Corporación, agás co PP, pois non quixo participar na reunión que houbo en San Marcos.
- 4,8 millóns para as residencias e centros de día públicos de Navia de Suarna, Guitiriz, Meira e O Saviñao. (orzamento de pasadas anualidades xa comprometido).
- 1,5 millóns para os centros de maiores de Portomarín, Folgoso do Courel e Becerreá.
- 1,6 millóns de euros para o primeiro Centro de Innovación Social en Galicia (INLUGO), Escola de Imaxe e Son e Fundación TIC.
- 350.000 euros para o Plan en Impulso do Campus de Lugo.
- 312.000 euros para a UNED.
- 152.500 euros para Rof Codina e Relacións Laborais.

Postura “coherente” sobre as residencias e centros de día públicos
Ao respecto das residencias e centros de día públicos da Deputación, nun exercicio de “coherencia”, o Presidente defende que primeiro se porán en marcha os centros que hai rematados, que son os de Castroverde e A Fonsagrada. A súa apertura depende da Xunta de Galicia, pois ten que conceder as licencias legais necesarias (PIA) polas que a institución luguesa leva 6 meses esperando. Logo, Campos Conde quere rematar os centros de maiores de Pol, Trabada, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil, actualmente en construción ou cos traballos de dotación de equipamento. Despois, faranse os comprometidos e presupostados en anualidades pasadas, que son os de Navia de Suarna, Guitiriz, Meira e O Saviñao. Seguidamente, construiranse os de Portomarín, Folgoso do Courel e Becerreá. O obxectivo é telas rematadas todas ao longo do mandato.

Conséguese o equilibro con máis de 7 millóns para actuacións nos 67 Concellos
Darío Campos dedica máis de 7 millóns de euros para actuacións nos 67 Concellos da provincia. O Presidente decidiu facer este investimento para conseguir o equilibrio, pois quixo respectar os convenios que deixou aprobados o Goberno de Elena Candia para 17 Concellos exclusivamente gobernados polo PP, entendendo que os prexudicados sempre son os veciños dos mesmos. 

Deste xeito, achéganse:

- 2,1 millóns de euros para actuacións nos seguintes 17 Concellos: Taboada, 184.424,31 euros a para rexeneración de camiños; Mondoñedo, 170.800 euros para a rehabilitación da casa de Álvaro Cunqueiro; Baralla, 119.000 euros para instalacións deportivas na área fluvial; Begonte, 161.500 euros para o acondicionamento da rede viaria municipal; Guntín, 142.401,18 euros para accesos a núcleos; O Vicedo, 149.817,62 euros para equipamentos e reforma na Casa do Mar; Vilalba, 243.083,56 euros para a mellora de vías de comunicación; Xove, 128.215,73 euros para melloras de camiños; Palas de rei, 26.010,66 euros para mellora de camiños; Cervantes, 17.598,71 euros para acondicionamento de camiños; Castro de Rei, 71.465,65 euros para o acondicionamento de vías municipais; Bóveda, 92.580,73 euros para adecuacións de camiños; Quiroga, 90.000 euros para o centro de día; Sober, 57.475 euros para a mellora de accesos e albergue municipal; Antas de Ulla, 146.310,50 euros para rehabilitacións viarias; Pantón, 68.821,2 euros para o acondicionamento de estrada Bazal-Pantón, accesos Fervenza de Auga caída; Triacastela, 142.500 euros para arranxo de camiños.
 
- 1,54 millóns de euros comprometidos polo Presidente para actuacións noutros 7 Concellos durante as reunións que mantivo con Alcaldes e Voceiros. Neste senso, cómpre destacar que Campos Conde recibiu a todos os representantes que solicitaron un encontro co el. A distribución de dito investimento é a seguinte: Cervo: 135.000 euros para pavimentación de vías públicas. O Corgo: 218.150 euros para promoción e fomento do deporte. Carballedo: 99.387 euros para promoción e fomento do deporte. Palas de Rei: 230.000 euros para promoción e fomento do deporte. Xove: 250.000 euros para promoción e fomento do deporte. Riotorto: 100.000 euros para maquinaria municipal e promoción do turismo. As Nogais: 120.000 euros para infraestruturas. Begonte: 45.000 euros para infraestruturas. Foz: 700.000 euros para mellora de estradas municipais. 

-  Máis de 3 millóns de euros para actuacións nos restantes Concellos da provincia, é dicir, nos non beneficiados dos orzamentos comprometidos e anteriormente citados.

Outros investimentos para os 67 Concellos
Unha das apostas persoais do Presidente é a creación dun Plan Integral de Turismo na provincia, para o se adican 500.000 euros do orzamento de 2016. Outra das súas apostas, que xa avanzou no seu discurso de investidura, é a posta en marcha de medidas de colaboración cos Concellos para a xestión de residuos e aforro de custos enerxéticos. No presuposto de 2016, hai 1,5 millóns de euros para este fin. Para actuacións deportivas dedícanse 4,2 millóns de euros; para as culturais e a Rede Museística 7,5 millóns de euros, e para o impulso da Artesanía e o Deseño 1,4 millóns de euros.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000