Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

26/03/2015

Avanza a venda de accións do CD Lugo coa desestimación do recurso presentado

A Mesa reunida hoxe acordou propoñer á Xunta de Goberno de mañá a desestimación do recurso presentado, e adxudicar o ditame externo sobre os proxectos deportivos a Equidad, Arbitraje y Mediación Asociación Profesional

A Mesa Técnica encargada do proceso de adxudicación de accións do CD Lugo, reunida hoxe, adoptou os seguintes acordos:

  • Dar conta do ditame solicitado á Asesoría Xurídica da Deputación, que determina, por unha banda, que Frisaqués S.L. está validamente constituída e ten plena capacidade xurídica e de obrar e, por outra, que, do mesmo xeito, o licitador tamén ten plena capacidade de representación de dita empresa. En consecuencia, a Mesa proporá á Xunta de Goberno de mañá a desestimación do recurso presentado ao respecto.
  • Propoñer a adxudicación do ditame externo sobre os proxectos deportivos presentados a Equidad, Arbitraje y Mediación Asociación Profesional, logo da negativa do Club Deportivo Lugo a facelo. Unha vez publicada dita adxudicación, abrirase un prazo de dez días para a presentación do informe.

Co obxectivo de manter, tal e como a Deputación vén facendo dende o inicio do proceso, a máxima transparencia e imparcialidade, este procedemento fíxose público no Perfil do Contratante da Deputación o pasado 13 de marzo.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000