Emblema da Deputación de Lugo

Factura electrónica
Consultas cidadás
Boletín Oficial da Provincia de Lugo
Emprego público
Perfil do Contratante

Hoxe

23/10/2013

A Deputación organiza no Valadouro unha masterclass de cociña autóctona en impulso dos produtos da zona

Alfredo Llano participou nesta iniciativa, que tivo lugar no Hotel Vila do Val e onde a chef Rocío Rodríguez amosou a 15 cociñeiros como preparar pratos con produtos lucenses

O menú cociñado incluíu cogomelos, cabrito de Pol, pescada de Celeiro e castañas con mel do Valadouro, impulsando o consumo e comercialización de alimentos propios da provincia

A vindeira masterclass celebrarase en Viveiro o 29 de outubro. Para facer cunha das prazas, que son limitadas, cómpre enviar un correo a lugo2@deputacionlugo.org ou chamar ó 982-22-13-47. Está dirixida, principalmente, a hostaleiros e estudantes do ramo

FOTO A Deputación organiza no Valadouro unha masterclass de cociña autóctona en impulso dos produtos da zona

A Deputación organizou este mércores, a través do programa europeo Lug02, a quinta masterclass de cociña autóctona en impulso dos produtos autóctonos. Nesta ocasión, a sesión que tivo lugar no Hotel Vila do Val, no Valadouro. A chef Rocío Rodríguez amosou ós 15 participantes como preparar un salteado de setas e espárragos, un cabrito, unha pescada e castañas con mel. O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, sumouse a iniciativa, que busca potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia, mostrando a súa variedade, calidade e todas as súas posibilidades culinarias.

Os participantes nesta iniciativa prepararon pratos baseados en alimentos producidos e comercializados por empresas da zona, que se caracterizan pola súa calidade. O menú cociñado incluíu un entrante de cogomelos salteados con espárragos trigueiros; un primeiro prato a base de cabrito de Pol con mazás crocantes; un segundo con pescada de Celeiro en salsa de ameixas; e castañas con cobertura de mel do Valadouro para a sobremesa.

O proxecto forma parte da aposta da Deputación pola economía medioambiental como oportunidade de futuro para a provincia, capaz de xerar riqueza. Nestas clases, que anteriormente se levaron a Monforte, Cervantes e Chantada, empréganse produtos autóctonos como hortalizas, legumes, derivados da matanza, caza e pesca, entre outros. A Deputación fomenta o uso dos produtos que posúen a súa marca de calidade LugoSabe, postos á venda na primeira plataforma de comercio electrónico da provincia (www.losproductosdelugo.com), creada pola Deputación co fin de crear unha imaxe de marca e abrir novas canles de comercialización para PEMES e autónomos lucenses.

Próxima cita en Viveiro

O programa está financiado nun 80% por fondos europeos a través do programa Lug02. As masterclass están dirixidas principalmente a profesionais hostaleiros e estudantes do ramo, aínda que tamén poden participar veciños en xeral. A próxima cita celebrarase no restaurante panorámico de Viveiro, o 29 de outubro. As prazas son limitadas e as clases son en grupos reducidos favorecer a aprendizaxe, así que os interesados deben apuntarse no teléfono 982-22-13-47 ou en lugo2@deputacionlugo.org.

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000