Emblema da Deputación de Lugo

Consultas cidadás Boletín Oficial da Provincia de Lugo Emprego público Perfil do Contratante

Hoxe

07/08/2012

A Deputación potencia coa VIII Feira de Artesanía de Pallares a riqueza tradicional e gastronómica da provincia

A institución colabora coa Asociación de Amigos do Mosteiro na celebración, este domingo, desta cita con fins económicos, achegando o 50% do orzamento necesario

Máis de 30 artesáns de Guntín, Monterroso e Cambre elaborarán pezas de cestería, ferrería, olería ou ebanistería, mentres produtores farán queixo e filloas para desgustar gratis

A programación complétase dunha comida de confraternidade a 22 ou 24 euros, un pregón en honra dos defensores do Mosteiro de Ferreira de Pallares e unha malla veciñal

A Deputación potencia coa VIII Feira de Artesanía de Pallares a riqueza tradicional e gastronómica da provincia

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, o Presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro, Carlos Vázquez, presentaron este martes no Centro de Artesanía e Deseño a oitava edición da Feira de Artesanía de Pallares, unha romaría que reúne a preto de 1.000 persoas. A institución luguesa colabora con este colectivo na organización desta feira, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de agosto, no contorno do Mosteiro de Ferreira de Pallares, xa que esta iniciativa enmárcase dentro da aposta da institución provincial polo impulso dos produtos autóctonos e dos oficios artesanais, como sinais de identidade e atractivo da provincia que xeran riqueza. Por este motivo, achegou o 50% do orzamento necesario para a celebración da VIII convocatoria deste festexo, uns 2.000 euros concedidos mediante o Plan Estratéxico de Subvencións do INLUDES.

Regina Polín, incidiu que “é necesario manter citas como esta, que contribúen a dar conta do valor engadido dos oficios artesanais e da gastronomía lucense ós milleiros de persoas que nos visitan durante a época estival, potenciando no exterior ambos os dous sectores co obxectivo de acadar novos beneficios e manter postos de emprego na provincia”.

Artesanía e gastronomía
Os actos, que se celebran dende 2004, arrancarán pola mañá, ás 09:00 horas, coa instalación de 30 postos que acollerán o traballo doutros tantos artesáns de Guntín, Monterroso e Cambre. Os visitantes poderán ver en vivo ó completo proceso de elaboración de pezas artesanais de cestería, ferrería, olería, ebanistería ou apicultura. Ademais, todos os que se acheguen a esta localidade lucense, terán a oportunidade de ver en directo unha recreación de cociña tradicional onde aprenderán a facer queixo de xeito artesanal. Paralelamente á demostración dos artesáns, 3 filloeiras prepararán dende primeira hora da mañá centos de filloas, que se poderán degustar gratuitamente a partir das 13:00 horas.

Xantar e malla veciñal
Na cita, celebrarase tamén unha comida de confraternidade que terá un custo de 22 euros para os socios e 24 os non socios. Complementan a programación un pregón que conmemorará e honrará ós antepasados de Guntín, que defenderon o mosteiro en época de guerra e unha cerimonia relixiosa; ademais dunha malla veciñal. Precederá a estas actividades unha sega común e unha comida popular que terá lugar o mércores na parroquia de Vilamelle de Frameán.

Innovate. Este enlace será aberto nunha nova ventá Deputación de Lugo. Este enlace será aberto nunha nova ventá UE. Este enlace será aberto nunha nova ventá

Información sobre el documento

Deputación de Lugo
C/ San Marcos N°8 – 27001 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 260 000